As Lavandeiras no presente
Un grupo de xogadoras de gaélico creou un equipo que recorda as mulleres que auxiliaron ós presos de San Simón
Lavandeiras de San Simón. É un nome especial para un equipo. En canto aparece xa se sabe que esta fóra do habitual, pero toda esta denominación é unha homenaxe “ás mulleres da contorna que axudaban os présos que alí estaban levandolle cartas da familia, comida agochada entre a roupa que lle levaban e así. É a historia de mulleres que foron bravas, que foron fortes e valentes porque estaban axudando os represaliados políticos da guerra”, expresa Olalla Alonso, presidenta e xogadora.
O nacemento foi, como noutros casos, o grupo de deportistas estaba noutra entidade e que “era un club de fútbol, pero estaba preto de desaparecer. Tiñamos a idea de facer un equipo exclusivo de gaélico e foi o momento”, engade a dirixente, que contou cun grupo primoxéneo de dúas compañeiras entre as que estaba Alejandra Gómez. “Non sabíamos se íamos ter compañeiras, de podíamos formar o club... Pouco a pouco, preguntamos, falamos con outros equipos. Tomamos o camiño e, despois, fixemos unha boa campaña de marketing para captar a xente. Agora estamos con vintecatro xogadoras. Comezamos tres, pero despois chegaron dúas máis”, expresa a tamén xogadora que agora é tesoureira.
Entre o grupo de deportistas está a vasca Irantzu Iparraguirre que, ademais, no seu caso ingrosou no Lavandeiras ó pouco de instalarse en Vigo. “Claro non sei nin onde quedaba San Simón”, admite. Por iso, dende o club esfórzanse en dar a coñecer a orixe do nome. “É importante que todas poidamos coñecer a historia do nome, non soamente escoitar o de Lavandeiras”.
Olalla explica que a idea chegou case de casualidade porque “un día, no centro escolar no que estaba, chegou a min o libro de Eva Mejuto que contaba a súa historia. Eu xa o coñecía, pero profundicei máis e pensei que o nome era o ideal para o equipo. Comenteillo nun terceiro tempo”. Certifica esta historia Alejandra: “Tiñamos un nome falado, pero nada concreto. Pero chegou con esa idea a o contou no terceiro tempo. Démonos conta de que a outra opción estaba ben, pero esta aínda era mellor”. A conversación, entre cervexa e cervexa, foi algo así como “caeu o libro Lavandeiras na miña man conta…”.
Unha vez aprobada a moción, o equipo continuou os pasos para saír adiante. “Fixemos una campa de marketing forte”, expresou Alejandra e, entre as iniciativas, estivo “lanzar un crowdfunding cunhas recompensas. Foi algo longo e laboriros porque había uns treitos que cumprir ata chegar ó máximo. Foi un paso adiante notable”, explica a directiva. Así, o equipo esta nas diferentes ligas e torneos. Pouco a pouco e, a súa relación con San Simón mántense. “Fixemos unha visita guiada a illa con Eva Mejuto. Foi un día que estivo moi ben no que tamén viñeron familiares e amigos, temos que tentar repetilo”, expresa Olalla.
Neste proceso estivo, como recén chegada Irantzu, que, no seu día, optou por anotarse “a un adestramento de proba que vin na rede dunha amiga. Como vin que era un equipo novo, pensei que tamén habería bastante xente nova e pareceume un bo momento. Algo coñecía do gaélico, pero eu viña de xogar ó futbol”, expresa. Atopou un equipo e tamén un grupo de xente coa que compartir parte da vida uns poucos días despois de chegar a Vigo. Agora, xa ten que explicar en moitas ocasiones como é o fútbol gaélico. “Indico que é unha mistura entre fútbol, rugby e balonmán. Hai unha portería de fútbol con paus arriba como no rugby e o obxectivo e meter máis puntos que o rival. Por debaixo, na portería, vale tres e, por arriba, sumas un. Os pases son coas mans ou cos pés. E para avanzar é máis similar ó balonmán no que podes levar o balon catro segundos ou catro pasos e hai que facer un bote ou un toque”, relata a xogadora vasca. Non obstante, pese a que pode resultar moi dificultoso, indica que “nas primeiras semanas, as rapazas novas volvense un pouco tolas coas normas, pero en cando a procesas, xa vas ben”. Nun mes, coinciden as entrevistas, xa está asimilada a mecánica do deporte.
No aspecto competitivo, as Lavandeiras de San Simón con un equipo de nova creación e “temos unha ‘Copiña’, pero na liga, aínda non fixemos gran cousa”, admite Alejandra e Olaia engade que “imos pouco a pouco. Notamos que melloramos moito dende o noso comezo”. Ademais, anima a calquera muller a participar e está contenta con ser un grupo que une diversas xeracións con mulleres con máis de corenta anos e outras de vinte. “Para nós e bonito ver que hai relevo e tamén comentounos alguna das novas que somos como un exemplo de muller con traballo e familia, pero que segue no deporte. Un pouco de referente”, admite Olalla. O equipo adestra dous días por semana e o proceso de captación de xogadoras é constante. Animan a calquera a participar porque “poden xogar mulleres de todas as idades e o ambiente é moi bo. Non piden que sexas as mellores nin que marques moitos goles dende o principio”, explica Irantzu. E o seu listaxe de conquistas xa poden engadir o torneo Reconquista do sábado.
O nome trasladouse ás compañeiras no terceiro tempo, algo básico no fútbol gaélico, como no rutgby. “Niso si que somos as mellores”, pronto indica Alejandra, aínda que matiza que o “Grovias pode facernos competencia”. É o momento no que tras o partido, os dous equipos xúntanse para tomar unhas “cervexiñas” e falar do deportivo a da vida en xeral. “Ten que encargarse o equipo da casa e nos imos sempre ó Repunantiño alí preto da Etea”, explica Alejandra e Irantzu recoñece que foi un dos grandes momentos, xa que “descubrino despois do primeiro partido ese famoso terceiro tempo. Permite coñecer ás xogadoras máis alá de ser rivais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar