Anxo Pintos e Begoña Riobó: "O 80% do repertorio do concerto de aniversario son temas que nunca se escoitaron en Sondeseu"
“Está saindo todo a pedir de boca, que os convidados díxeran que si, e que a estas alturas o auditorio xa esté cheo”, explican o presidente e directora de ventos da orquestra Sondeseu, que celebra este sábado no Auditorio o seu 25 aniversario
Anxo Pintos e Begoña Riobó son, respectivamente, o presidente da Fundación Sondeseu e a directora de ventos da orquestra, de mesmo nome. Achéganse á Atlántico a promocionar o concerto 25 aniversario este sábado no Auditorio, aínda que as entradas están esgotadas. Haberá unha oportunidade para que non poida velos en directo.
Como chega a Sondeseu o concerto?
Begoña Riobó: Súper ilusionados. Está sendo moitísimo traballo, xa non só plantexalo, que leva tamén moito tempo. Levar 25 anos de por sí xa é algo impensable. Tampouco é que a orquestra o propuxera... É un barco que vai pouco a pouco e imos chegando o horizonte de modo progresivo. Está saindo todo a pedir de boca, que os convidados díxeran que si, e que a estas alturas o auditorio esté cheo…
Algunha sorpresa que se poda contar para a actuación do sábado?
Anxo Pintos: Ter a Abraham Cupeiro, Tanxugueiras, Xabier Díaz e Rodrigo Romaní o que vai a supoñer é que fixemos unha escolla dos seus repertorios respectivos e incorporamos eses temas ao noso repertorio. Vai a ver algúns temas de Sondeseu que interpreten os catro convidados e haberá temas dos catro convidados que interprete a Sondeseu con todos eles. O 80% de todo o repertorio son temas que nunca se escoitaron na Sondeseu. Isto para nos é un reto importante.
Falando dos convidados, como foi a preparación conxunta? Canto tempo houbo para ensaiar con eles?
A.P.: Un día!
B.R.: Cando escolles os convidados sabes que son profesiones de primeira liña. Levamos moito tempo rodando para que eles só teñan que adaptarse a nós.
A.P.: Hai intercambio de materiais e enviamos audios dos ensaios. Todos os temas están en complicidade con eles. Esta semana pasada fixemos un simulacro de concertos na asociación de veciños de Castrelos, para ver que problemas se podían plantexear. Vamos moi ben preparados.
Os integrantes da orquestra, como están de nerviosos?
A.P.: É probable que nos odien un pouco aos coordinadores de sección e dirección, porque estas últimas semanas os estamos apalizando a ensaios. Agardamos que cando remate o concerto e saian ó catering haxa sorrisos de orella a orella e dean por voto este esforzo.
B.R.: Estamos moi agradecidos do esforzo, están puxando, sen queixarse, e a estudiar
E as entradas xa esgotadas...
A.P.: Hai unha segunda oportunidade para ver o concerto. A TVG elixiu este concerto para emitilo o día das Letras Galegas, como unha actividade de cultura musical. Poderase ver o 17 de maio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar