Antonio Durán 'Morris': “En cine tes que saber estar as ordes do director e intuir, detrás da cámara, ó espectador”
"Os comezos meus eran os comezos de todo, pero non porque nós fosemos moi importantes, senón porque non había nada", din o actor vigués
O actor vigués Antonio Durán ‘Morris’ vén de ser recoñecido co Premio Xiria a Mellor Labor Teatral 2026, que sinte coma “un premio colectivo”, explica na redacción de Atlántico.
Como recibiu a nova do premio?
Bueno, a primeira conclusión é que estou maior, ou que son maior. É unha conclusión evidente. Non que estou, que son maior. A segunda, que é moi bonito e por iso me alegra tanto, é que algunhas das cousas que fixen teñen que estar ben para que se fixen en min e premien esa labor. Pero claro, se boto a vista atrás… Bueno, ti pregúntame porque non me apetece contar batallas de avó.
Neste caso é case obligado, a organización recorda algúns primeiros pasos, como o impulso de Artello en 1978…
Os comezos meus eran os comezos de todo, pero non porque nós fosemos moi importantes, senón porque non había nada. Non había teatro profesional, por así decilo. Empecei nun instituto e aquel primeiro grupo, Artello, que viña doutros, chamábase Teatro Popular Galego, eran os primeiros pasos que dabamos, non tanto para profesionalizarnos dun xeito real, económicamente, senón a nivel conceptual e de modo de vida. E foi algo que eu me atopei, porque non tiven esa vocación temprana que moita xente di que ten. Si que non encontraba o meu sitio e atopei no teatro unha liberdade e unha forma de expresión que, porque ao mesmo tempo era moi divertido, funme quedando nel.
Falaba no comunicado de prensa de que este é un premio colectivo. Quen máis forma parte del?
Levo 46 anos na profesión, e a mostra empezou fai 42 anos. Realmente temos camiños paralelos e digo que é un premio colectivo porque eu o sinto así, non é que eu queira quedar ben, porque toda aquela labor seria imposible se non existisse ese grupo que creou, que pelexou por el. Seria totalmente imposible senon existira naquel momento o Teatro Artello, nin eu, se non existisse Roberto Vidal Bolaño en Santiago, Antonio Simón na Coruña, ou a Escola Dramática, con Manolo Lourenzo… por eso considero que, ao marxe de que se me premia a min, en concreto, eu como actor non tería existido se non tivésemos ese colectivo cos que empezamos esa ‘line-up’ hai tantos anos.
Nunca empregou esta palabra, pero dalgunhas entrevistas anteriores pode entenderse que nalgún punto sentiuse desterrado da profesión en Galicia. Axuda o premio na reconciliación?
Non, vamos a ver, eu creo que alguna vez igual se me entendeu mal. A palabra desterrado, non, para nada. Si que coincidiu que últimamente traballei máis tempo fora que aquí, pero estou traballando moito aquí, pero con productoras a nivel audiovisual que son de fóra, non sei como explicar esto. Sempre estive totalmente conectado, ligado coa cultura aquí en Galicia e vamos, proba delo e que eu continuamente na que saia de traballar volvo para aquí, en concreto para Vigo. É onde estou cómodo, é o meu sitio. Creo que é unha situación incluso vantaxosa, o feito de que eu poda traballar fora despois de facer toda a miña carrera aquí. Pero non, para nada desterrado. E en todo caso, poderia sentirme alonxado da política cultural que aquí se leva, pero para nada da profesión, é un goce tremendo. Aínda vindo para aquí, pensaba, evidentemente que en alguna entrevista eu dixen “sí que hai referentes moito máis importantes que continuan na primeira línia aquí en teatro”, pero a súa pelexa é tan importante e lles ocupa tanto tempo sobrevivir que non que eu creo, como te explicaría, que empregan toda a súa enerxía. Hai xente que é merecedora deste premio, pero tanto ou moitísimo máis que a mí.
Está a piques de estrear varios traballos no que leva meses inmerso. Penso que “Monstruo” é o máis impactante…
Pois mira, casualmente, fíxate como é a vida, onte fixeron unha corrección de color en pantalla grande e me invitaron e fun vela. E si para mi é unha peli moi importante, distinta, xa non no cinema galego, eu creo que a nivel de toda España. Non podo adiantar moitas cousas por non facer spoiler, pero é unha forma tan particular de contar unha historia, con tanto cariño, profesionalidade, calidade… É un dos proxectos, digamos, dos últimos anos que eu gravei con máis cariño.
Xa se sabe a data de estrea?
Non. Supoño que neste tipo de película que é moi de autor, moi visual, non quero adiantar cousas, teñen que esperar un pouco a intentar conseguir un festival e aí abrir camiño. Porque realmente é un cine de autor moi arriscado, potente. Andrés Goteira para min é un maestro, como artista, coa súa actitude vital, un home que conta o que quere contar e non lle interesa nada máis, pero que conta con corazón.
Dende logo o argumento é moi interesante…
Tan interesante que só podo decir, que eso sí que se dixo en entrevistas, que é unha película que non ten diálogo, non ten texto.
Menudo reto interpretar un papel sen texto…
Sí, sabes que pasa? Que eu creo que o gran reto é a linguaxe de Andrés nesta película. A miña personaxe forma parte dunha paisaxe na linguaxe de Andrés. Como moi contemplativa desde fora de cara ao que eu interpreto. E entón é deixarte levar pola sensación do que el quere contar. Unha personaxe que non ten nome, anónima.
Teatro, cine ou televisión?
É moi distinto. Eu creo que os tres medios son fundamentais e igual de importantes. O que ocorre no teatro é un proceso psicolóxico duro de preparación, enfrentarte a un patio de butacas, pero tamén é algo que preparas durante meses, que sintes o equipo detrás e que ti notas que estás comunicándote co público. Incluso notas se vai ben, se vai mal, se engancha... A televisión o que te da é moito oficio, porque é rapidez, de hoxe para mañá e ao mesmo tempo ter moita creatividade. No cine tamén se traballa moito en equipo, ensaiando e dirixindo, tes a aos iluminadores, os de son… Pero ti tes que saber saber poñerte ás ordes que che da o director e situarte como te está vendo a cámara e intuir o espectador detrás desa cámara e, ter que decir algo, non é fácil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar