Alberto Vázquez: “O Hematocrítico era un festival en si mesmo, tiña unha visión moi positiva”

"Creo que é o único certame do mundo que ten o nome dunha persoa, a mayoría da xente que ven foron os seus amigos", di o cineasta e coorganizador do Hematofesti

Entrevista a Alberto Vázquez, cineasta | Atlántico

A segunda edición do Hematofesti pecha hoxe con videoxogos, mais literatura infantil e premios. Alberto Vázquez é co-organizador xunto con Ledicia Costas de esta festa na honra de Miguel Ángel López ‘O Hematocrítico’. Un certame sen precedentes no mundo e dedicado a memoria de quen, falecido hai dous anos, fixo todo (e máis) pola cultura, a educación infantil e polo humor galego.

Director, ilustrador, debuxante… como se define Alberto Vázquez?

Son debuxante. Sempre fixen banda deseñada e ilustración. Pero por casualidades do destino acabei facendo películas e tamén coordinando xestión cultural como, por exemplo, esto do Hematofesti.

Celebrouse a prato forte do evento, a Hematogala. Como foi?

É un dos eixos centrais do festival. Aparte de literatura infantil e humor, é todo moi transversal. Hai música, obradoiros, todo tipo de actuacións… E moita ilustración, tamén. Houbo tres actuacións musicais, como IGMIG ou Grande Amore e presentou Touriñán e María Lado. Con persoas célebres de aquí como Silvia Superstar e a actuación de Ignatius Farray. Con esta gala promocionamos o evento, onde o humor é o eixo central.

E hoxe, última xornada. Qué lle espera o público?

Temos unha exposición que é o “Bosque dos contos”, que eran uns libros que fixo Miguel e tiveron moito éxito. Expostos están os orixinais feitos por min e é moi especial esta exposición. Para mín é unha honra. Logo temos algunhas charlas con ilustradores e unha xornada de literatura infantil na sede da Deputación, coordinada por Eva Mejuto y Montse Penas. E algunha cousa especial, como o premio Humor con H e a ‘Lenda do recreo’, un premio que damos como recoñecemento a toda unha carreira. O ano pasado recibiuno Manuel Bragado, o editor de Xerais, e este ano tócalle recibilo a Teresa Rabal. Entregamos unha figura do Dinoseto, que é a imaxe do festival e o representa moi ben.

Touriñán, Ignatius, Teresa Rabal… como pódese xuntar xente tan diversa nun único evento?

Esa xente son amigos do Hematocrítico. Ignatius, por exemplo, xa quería vir o ano pasado pero non puido porque tiña un traballo. Pero dixo que para o ano que ven, viña seguro e cumpriu a súa palabra. E fixo de todo. Un taller de humor, estivo na gala e tocará hoxe no Vitruvia con seu grupo, Petróleo. Vai ser unha noite marabillosa.

A literatura e ilustración infantil, vive un bo momento?

A literatura infantil vende bastante e crea moito interese en todos os nenos. Gosta moito os libros de debuxos. Entón, é un sector moi interesante no que traballar. Eu, como ilustrador, síntome moi libre para traballar nese eixo. Podo debuxar de moitas maneiras e é como volver a ser un neno cando traballo coa ilustración infantil. As veces, ata pinto no chan. Hai que recoñecer que é un sector moi forte, que ten moitas ventas e aquí, en Galicia, temos grandes autores e autoras. Paréceme que é importante promocionar este sector porque é un motor económico que pode ser clave.

Que recordo ten do Hematocrítico?

Sempre o digo, era unha persoa moi especial. Era un festival en si mesmo, tiña unha visión moi positiva e optimista. Por iso estamos facendo un festival, e por iso a mayoría da xente que ven son amigos seus. Creo que é o único festival no mundo que ten o nome dunha persoa, pero non só é unha homenaxe a súa figura. Tamén é para a súa forma de entender o mundo. Cando programamos o festival pensamos, que lle gustaría a Miguel? que pensaría disto?. Gustaríame pensar que está vendo isto e ríndose alí onde estea. Tamén facemos un proxecto cultural potente en Vigo, seguro que deixa unha semente para a posterioridade.

Contenido patrocinado

stats