Abril: “Tiñamos cancións tan íntimas que custounos gravalas no estudio”

Claudia Abril e Marina Carpente forman do dúo de folk fusión Abril

Abril: “Tiñamos cancións tan íntimas que custounos gravalas no estudio” | Atlántico

Claudia Abril e Marina Carpente forman o dúo de música tradicional con fusión Abril, que presentou onte novo disco, Medrar, nunha festa en Nononon.lab.

Como chegan o mundo da música tradicional galega e como se coñecen?

Marina Carpente: Temos mezcolanza de estudos. Eu estudiei clásico, bastantes anos, ata os dezaoito.

Claudia Abril: Eu fixen unhas pinceladas caóticas no conservatorio, pero deixei un tempo para volver a coñecer a música sin odio máis tarde.

No profesional, imaxino.

C.A.: Nin sequera, o elemental. Non me atopaba con ningún instrumento, nin no conservatorio en xeral. Decidin pausalo nese momento e logo, cando xa era mez maior e coñecín este mundo do folklore, volvín conectar.

M.C.: Coñecímonos no campamento San Simón Fiddel, que se organiza na Illa de San Simón. Foi o primeiro ano que se facía e agora somos parte da organización.

E cando xorde a idea de montar Abril, xa como un proxecto?

C.A.: Realmente xurde no 2022, pero empezou moi tranquilamente, así como “imos facer un par de temas que nos apetece”. Foi funcionando e pasou por moitas etapas, tamén por iso tardamos tanto en sacar adiante un álbum. Houbo moitos imprevistos. Pero tamén nos gusta cociñar lento e ir sacando as cousas pouco a pouco, sen ese estrés no que vivimos. Xurdiu un pouco de anos de amizade e conexión musical. Xa tiveramos un proxecto anterior cando éramos máis noviñas con María Jorge e Hugo Franco. Xa nos quedara a espina, pero precisabamos calma, parar e facer outras cousas. E logo xa volvimos e entre unhas cousas e outras, chegamos ata aquí.

De que fala “Medrar”, como disco?

C.A.: Sobre todo da aprendizaxe e, precisamente, de medrar. Do paso dos anos e da entrada na idade adulta. Todos eses cambios, torbellinos, que pasan nas vivencias e vidas de cada unha. E fala de como a comunidade, as amizades e a familia que te fai sentir na casa te axuda a abrir teus ollos e a sair de momentos máis difíciles. Pero tamén te reforza esas alegrias e benestar. Nos pasos da vida ao principio non eres tan consciente de quen eres, de que queres, que precisas. E co paso de tempo, afianzaste.

M.C.: As letras que escribiron Claudia e Petra Iglesias, que é super amiga nosa, son pinceladas de momentos de emocións e explicando como compartimos todo eso cos nosa rede efectiva e como vivimos. E no final son pinceladas do transcurso da vida, pero non sei se hai moito nexo común entre cancións.

C.A.: Si, e tamén as veces dun xeito máis explícito e as veces dun xeito máis ambiguo. As veces parece que se está falando dun amor romántico e realmente nós non o pensamos así.

Na parte tradicional, de onde nace inspiración? Hai traballo de recolla, composición propia…

M.C.: Normalmente as cancións vannos chegando. As veces si que tocamos algún directamente da recollida ou no arquivo. Normalmente vannos chegando, sobre todo a Claudia, que foi a que aprendeu máis sobre temas de canto popular, a través dun profesor ou dunha foliada que grabas un audio no móvil. Tamén falamos con Leni Pérez, con Sandro Euteiro con Guillerme, con Xisco Feijóo…

C.A.: Todas beben dunha idea que eu recordaba, “de que era esa canción?”, iso tamén é chulo. Ao final é como seguir a tradición. Basicamente bebemos da música tradicional pero tamén hai interludios instrumentais que son composición.

M.C.: Ou pezas tradicionais de gaita, tamén.

C.A.: Imos cambiando e facendo un pouco de todo.

M.C.: Hai moito traballo detrás.

Foi un reto grabar no estudo?

M.C.: O reto principal é que os temas que tocábamos en directo, no estudio atopábamos que non funcionaba exactamente igual que o que facemos no escenario. Utilizamos diferentes recursos no disco, toca moitos sintetizadores Salva Rodríguez, que é o productor, e na maioría dos temas aparecen pinxeladas de sintetizadores que logo no directo non sempre van aparecer. Logo no estudio tamén se pasa moi ben, ao final é un momento de moitos nervios e de moita concentración, pero se disfruta moito.

C.A: Sí, tamén depende do repertorio. Tiñamos unha canción que me costou moito gravar porque era moi íntima. De repente era como se me estivesen observando.

Onde podemos escoitar o álbum e cando poderemos escoitarvos en directo?

M.C.: Xa se pode escoitar na maioria de plataformas dixitais, en Kobus, Apple, Spotify, Youtube… A presentación oficial vai ser o día 8 de maio na sala Rebullón, non sabemos ainda a hora.

Contenido patrocinado

stats