‘Tentei quedar por tódolos medios, pero en galicia hai un bloqueo constante ós proxectos’

FRAN PELETEIRO Actor vigués, emigrado a Francia

Fran Peleteiro (Vigo, 1979) forma parte da primeira promoción da Escola Superior de Arte Dramático, en Navia. As últimas aparicións na gran pantalla chegaron da man de Ángel Manzano na corta "Tupper", galardonada en Cans e en Primavera do Cine, e de Daniel Calparsoro na ambiciosa película de acción "Invasor".

ANA BAENA. VIGO
Publicado: 24 jun 2014 - 12:01
Fran Peleteiro fixo as maletas rumbo Burdeos hai un ano.
Fran Peleteiro fixo as maletas rumbo Burdeos hai un ano.

Hai unhas semanas participou na rodaxe "La playa de los Ahogados". Actualmente reside en Francia, onde afirma tivo que emigrar pola situación precaria do país.

Que lle levou a formar parte da Galicia na diáspora?

Eu prefiro falar máis ben de exilio cultural... por suposto tamén económico. Os ataques á cultura que se produciron estes últimos anos, e con máis saña na galega, teñen consecuencias concretas. Detrás de cada titular ou cifra estamos nós, a xeración perdida, con vidas concretas que mudaron para sempre; e iso é algo que non lle imos perdoar xamais a esta xeración de políticos e políticas. Tentei por tódolos medios quedar, pero en Galicia non te deixan facer. Existe un bloqueo constante aos proxectos, falta de formación dos responsables e unha especie de pánico á xente nova.

Por que a Francia?

O que tiña claro é que quería irme a un país que respectara a cultura, ao teatro; e nese senso Francia é coma estar noutro planeta. Parece mentira que a tan poucos kilómetros as cousas podan mudar tanto. Aquí o sector cultural supón case o 5% do PIB francés, superando á automoción e ao agroalimentario.

En que proxectos anda metido?

Vai ir un ano que estou en Burdeos e o balance é moi positivo. Teño un pequeno papel nunha serie francesa de investigación criminal que se chama "Mongeville"; estamos axudando a montar unha sala de teatro en Libourne; estamos desenvolvendo unha produción teatral franco-española dun texto escrito por min...e algunha cousa máis.n

Contenido patrocinado

stats