Unha cata a cegas con historia no Castelo de Soutomaior
O programa, que esgotou as 45 prazas das súas tres quendas en menos de trinta minutos, achega os viños á fortaleza
Un grupo de 15 persoas participará mañá xoves 20 no Castelo de Soutomaior na última das actividades do programa Cata con Historia, promovido pola Deputación de Pontevedra para achegarse á historia do castelo e aos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Nesta ocasión a actividade celebrarase baixo o título “O reto do sommelier”, e estará a cargo do sommelier Jacobo Rivas, encargado da selección completa dos viños de cada unha das citas. As prazas para esta e a totalidade das tres quendas organizadas este ano en Cata con Historia, nas que participarán un total de 45 persoas, esgotáronse en tan só trinta minutos desde a apertura das inscricións o pasado venres 31 de xullo.
A actividade deste xoves é unha cata a cegas por parellas ou pequenos grupos, guiada con pistas de Jacobo Rivas e combinada con produto local de temporada. Trátase dun formato lúdico e participativo e dunha cita co viño, coa memoria e a paisaxe. As actividades deste ano estreáronse o 6 de agosto con “Rías Baixas de norte a sur”, unha cata horizontal que percorreu as cinco subzonas da D.O. Rías Baixas (Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Ribeira do Ulla e Soutomaior) para amosar como o chan e a proximidade ao mar transforman o albariño e outras variedades autóctonas.
A segunda das citas foi o mércores 12, coincidindo coa eclipse e baixo o nome “A eclipse no viñedo”, combinando a cata coa observación do fenómeno. A sesión avanzou “de luz a sombra”, dos viños máis novos e luminosos aos de maior crianza, mentres todas as persoas asistentes contarán con material homologado para seguir a eclipse, da que haberá unha breve explicación. A cata contará con maridaxe de produto local de tempada. Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en catro hectáreas (o recinto ten 23), foron plantados en 1984. A uva é na súa maioría albariña, con presenza doutras variedades brancas como o godello, torrontés, loureiro e treixadura, e mesmo tintas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar