Un “western” mineiro en plena bisbarra do Deza
vigo
Encarna Otero recupera a memoria do poboado de Fontao, xurdido ao abeiro das minas de Brea, nos anos 40
nnn "Non entendo como o tema non está máis explotado porque dá para unha película do Oeste americano, pero localizada no Deza". Así, Encarna Otero amosa a súa estrañeza ante o descoñecemento que segue a existir con respecto ao pasado mineiro de Galicia e o peso que o wolframio tivo no país.
Onte presentou no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, "A luz do negro. O wolframio de Brea e o poboado do Fontao", un documental que dirixíu en 2013 financiado polo Consello Galego da Cultura. "É unha homenaxe ás mulleres que traballaron naquel mundo situado totalmente fora do resto de Galicia; quedan poucas testemuñas vivas e se non o contan elas, vaise perder esa historia porque non se recolle en nengún documento oficial", sinalou Otero.
No concello de Vila de Cruces, perto de Silleda, se chegou a levantar nos anos 40, un auténtico poboado, totalmente autosuficiente, con cines, sete salóns de baile, 60 bares, hospital, escola e ata unha granxa para o autoabastecemento. Máis de 7.000 veciños formaban unha comunidade que vivían en torno ao ouro negro durante a Segunda Guerra Mundial e na Guerra de Corea.
Todo foi posible porque Alemaña precisaba wolframio para a súa industria armamentística. Con tódolos mercados pechados, buscou o mineral nos seus aliados. Descubriron unha grande veta que atravesaba Galicia, Zamora e Portugal. Empezáronse a explotar os xacementos, exportando o material polos portos de Carril e de Vigo. A diferencia de Fontao é que a empresa concesionaria montou unha fábrica para o tratamento da materia prima.
En "A luz do negro", as protagonistas contan en primeira persoa como traballaban na economía informal, buscando mineral en terras alugadas e vendéndoos o mellor postor. Se o precio oficial era 100 pesetas, no estraperlo pagábanse 200 polo que as imaxinaban para ocultar o mineral. Nas minas só podían ocuparse do lavadoiro, polo que moitas puxéronse ao fronte dos salóns de baile. Nesta historia non podía faltar a guerrilla, que roubaba o mineral para a derrota de Alemaña.
Encarna Otero anima a visualizar o documental na web do Consello Galego da Cultura.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último