Gadis repartirá 30.000 libros polo Día das Letras Galegas

Supermercados Gadis celebrará o Día das Letras Galegas repartindo máis de 30.000 libros na véspera do 17 de maio e distribuirá nos seus establecementos máis de dous millóns de bolsas de plástico cun texto sobre o homenaxeado este ano Roberto Vidal Bolaño.

AGENCIAS. SANTIAGO

Publicado: 15 may 2013 - 09:40 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:26

Antonio Cortés, Perozo, Belén Quintáns e José Luis Fernández Astray.
Antonio Cortés, Perozo, Belén Quintáns e José Luis Fernández Astray.

O director de Comunicación da empresa, Jose Luis Fernández Astray, destacou que o libro ten o obxectivo de 'fomentar a lectura familiar en galego', e apoiar ós escritores de Galicia. O autor, Xosé Antonio Perozo, explicou que 'Sopa de Letras en Gadis', e 'a primeira novela publicitaria da historia e desenvólvese nun supermercado'.

Na presentación estiveron tamén Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa e a compañeira de Vidal Bolaño Belén Quintáns.

Contenido patrocinado

stats