Gadis conmemora o Día das Letras Galegas levando ás rúas versos de autores ilustres

Publicado: 13 may 2022 - 23:31

Algúns dos organizadores con produtos de “Versos na rúa”.
Algúns dos organizadores con produtos de “Versos na rúa”.

Supermercados Gadisé a responsable dos versos que, dende o pasado mes de abril, comezaron a aparecer escritos en 220 pasos de peóns, muros e fachadasde 50 edificios de diversas localidades galegas levantando a expectación e espertando o interese dos veciños. Este era, precisamente, o obxectivo desta acción da compañía: poñer o foco na cultura galega sumando unha nova acción, ao fío do Día das Letras Galegas, adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

Gadis tamén rende homenaxe ao autor a quen este ano se lle adica oDía das Letras Galegasrepartindo na mesma data 30.000 marcapáxinas e 30.000 bolsas de papel reciclado cunha imaxe del.

O luns, todos osGadisde Galicia regalarán, ata fin de existencias, 80.000 adhesivosvinílicos coa selección de versos que se reproduciron nas rúas para dar maior visibilidade e potenciar o coñecemento destes autores entre os miles de clientes da compañía.

Contenido patrocinado

stats