“O crédito’ é pasear en vespa por Samil unha tarde de agosto”

vigo

Pedro Alonso mantén un duelo de interpretación con Antonio Durán, "Morris" no seu novo proxecto teatral que comeza a xira por Galicia tras finalizar os ensaios en Teis

A. baena. vigo abaena@atlantico.net

Publicado: 23 ene 2015 - 10:38 Actualizado: 24 ene 2015 - 01:49

Os actores Pedro Alonso e Morris, entre Fernando Bernués, director de “O Crédito” e a productora Mercedes Castro, onte en Vigo.
Os actores Pedro Alonso e Morris, entre Fernando Bernués, director de “O Crédito” e a productora Mercedes Castro, onte en Vigo.

Antonio Durán, "Morris" (Vigo, 1959) e Pedro Alonso (Vigo, 1971), actores ámbolos dous, manteñen un reto interpretativo sobre o escenario coa obra "O Crédito". Un é un empregado da banca e outro, un cliente que solicita un empréstamo que lle é rexeitado. Pese a tensión que se vive en escena, os protagonistas da comedia aseguran que "é un espectáculo liberador". Onte, os actores, xunto ao director, Fernando Bernués, e a productora, Mercedes Castro presentaron a xira.

Pedro Alonso (de "Padre Casares" o "Gran Hotel") afirmou que "O Crédito’ é como pasear en vespa por Samil unha tarde de agosto", xa que lonxe de ter unha mensaxe deprimente, "é unha invitación a vivir a vida e a pasalo ben". Recoñeceu que na representación "é unha mostra de que estamos a dúas horas do caos, xa que é como a rendixa que hai detrás do protocolo e esconde o que todos gardamos baixo a alfombra".

Por outra banda, o seu partener sobre as táboas, Morris ("Esmorga" e "O Códice") declarou que conta "unha situación cotiá que vivimos nalgún momento das nosas vidas e quixémoslle dar a volta, vingarnos e ameazar dalgún xeito ao que nos nega o que necesitamos; ‘O Crédito’ dá corpo a esa vinganza". Para Morris, "son os dous homes que se van redescubrindo a si mesmos e dos seus conflictos internos nace o desenlace que fai que acabes cun sorriso na boca". O director destaca que hai "un certo deite sociolóxico" no desenlace da obra.

Despois dos ensaios en Teis, o 5 de febreiro comeza a súa xira en Pontevedra. Chegará ao García Barbón o 26 e 27 dese mes.n

Contenido patrocinado

stats