Os Bolechas percorren Galicia na súa xira "Nadal en familia"
Sociedad
Contribuirán a galeguizar as festas con obradoiros, contacontos e sorteos nunha ducia de localidades
Un ano máis, os personaxes máis queridos dos cativos de Galicia, a familia de Os Bolechas corpóreos regresan polo Nadal para compartir estas festas coas familias galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Gadis e a TVG. A sede do Museo Pedagóxico de Galicia acolleu onte a presentación da nova xira que leva por nome "Nadal en familia" e que levará diversas actividades de lecer para os máis cativos a dez localidades incluídas dentro da Rede de Dinamización Lingüística. O percorrido comenzará ese mesmo sábado, 17 de de-cembro na Pobra de Brollón, entre as 16,00 e as 20,00 horas, rematando o 7 de xaneiro de 2017, no pavillón muncipal de deportes de Barreiros, tamén co mesmo horario.
No acto de presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que "un ano máis os irmáns animados máis famosos de Galicia, referentes galegofalantes para a xente miúda, contribuirán a galeguizar as festas e a celebralas en galego con múltiples propostas pensadas para gozar do lecer en familia".
Na rolda de prensa de presentación da nova proposta, que se inclúe na quinta edición do programa "Nadal en Rede", estivo acompañado polo responsable de Bolanda Edicións, Antonio Couto; Iria Rodríguez, responsable do departamento de responsabilidade social corporativa de Gadis, empresa que se incorpora este ano o seu patrocinio; e a directora-xerente da Televisión de Galicia, Rosa Vilas.
Contacontos, xogos populares, obradoiros de maquillaxe, chapas e debuxo, exposición e concurso de postais son algunhas das propostas que achegará o Nadal en familia dos Bolechas durante as próximas datas. Ademais, a cativada poderá aproveitar para escribir as súas cartas aos Reis Magos e poderá levar grandes agasallos dos Bolechas debuxando unha postal de Nadal xa que, en cada vila, ao final da xornada, sortearanse varios premios entre todos os debuxos presentados.
En todas as vilas donde recalará a xira, estarán os Bolechas corpóreos saudando e retratándose coas cativas e cativos que se acheguen ata o lugar da cita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar