Xoán Carlos González: "A comunicación co Goberno está a ser inexistente"

Xoán Carlos González, continua loitando polos dereitos dos redondelanos sen formar parte do goberno local

Xoán Carlos segue loitando porlos dereitos da veciñanza de Redondela.
Xoán Carlos segue loitando porlos dereitos da veciñanza de Redondela.

Tras o resultado das últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2023, o BNG foi unha peza crave para a formación de goberno no Redondela. A súa cabeza de lista e membro na oposición, Xoán Carlos González, continua loitando polos dereitos dos redondelanos sen formar parte do goberno local.

Por que motivo non entrou ao goberno de coalición e decidiu dar apoio a Digna Rivas?

Foi unha decisión asemblearia onde entendimos que Digna Rivas como alcaldesa era a opción máis positiva para Redondela. Despois de moito debate tomamos esa decisión, algo que corroborou todo o dito ao longo da campaña electoral. Da mesma forma decidimos non entrar ao goberno. Valoramos os proles e contras e consideramos que a principal cuestión para o proxecto do BNG coa veciñanza é que necesitamos un maior número de apoios.

Que proxectos ten o BNG para Redondela? O BNG está en contacto con goberno local?

Hai varios elementos sobre os que pivotamos e non estamos nada contentos co goberno. É importante unha atención co benestar social dos veciños, unha xestión acertada dos recursos públicos, unha boa atención nas parroquias similar á dos núcleos urbanos así como núcleos urbanos máis humanizados e con servizos nas parroquias equiparables aos núcleos urbanos, insistindo no transporte intraparroquial.

Tamén quero destacar que, nestes momentos, a comunicación co goberno está a ser practicamente inexistente. Desde o inicio do mandato tomamos a iniciativa para ter unha relación fluída, xa que os nosos votos son indispensables para que as iniciativas saian adiante. Actualmente hai ocasións onde nos decatamos de proxectos e iniciativas polos medios de comunicación e tamén vimos que algunhas propostas do BNG non se tiñan en conta.

A alcaldesa anunciou que, en breves, levará o PXOM a pleno. O BNG apoiará o plan?

Hai anuncios que se fan nos medios de comunicación que desde o noso punto de vista non son positivos e este é un deles. Desde que se anunciou o PXOM estamos a recibir chamadas dos veciños querendo coñecer os detalles do PXOM e isto demostra que é precipitado. A proposta de levar a pleno o Plan Xeral non pasou por comisión nin xunta de voceiros, nin sequera polo equipo de goberno. Non se pode actuar en base a anuncios. É unha irresponsabilidade.

O Bloque cuestionou a xestión da Bolsa Comedor pero o goberno local afirmou que a acusación era falsa porque aquelas persoas que cumprían cos requisitos recibiron a subvención. Está de acordo con o devandito desde o Concello?

Nós na documentación que temos é que hai trinta nenos que teñen dereito ao comedor escolar e que quedaron sen axudas porque se esgotou a partida de 40.000 euros. Se hai posibilidades de cambiar isto e de que estes nenos reciban a axuda estupendo, pero non temos ningunha información oficial respecto diso. O BNG ten unha actitude de diálogo e colaboración pero ten que ser recíproca e non ten que ser imposta polo goberno local.

Cal é a postura do BNG sobre todo o asunto do transporte escolar?

Esta é unha moción que se aprobou polo PP e que xa contou co apoio do BNG xa que nela exponse iniciar conversacións coa Consellería da Xunta que é a responsable. Como isto xorde da problemática do transporte escolar cremos que a Xunta non pode escapar da responsabilidade. O BNG puxo como solución transitoria un servizo de taxis destinado aos alumnos de Bacharelato e Formación Profesional, que son os principais afectados. O SIMU hai que negocialo coa Xunta e esta ten que ofrecer un orzamento para que o gasto non repercuta aos fondos de Redondela.

Contenido patrocinado

stats