Unha semana falando galego para honrar a Rosalía
A comunidade educativa redondelá acepta o reto de usar só a lingua propia as 24 horas do día entre o 20 e 27 de febreiro
O IES Chapela acolleu onte a presentación dos actos vencellados á celebración do Día de Rosalía. Un ano máis ponse en marcha o reto “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa impulsada polos institutos de Redondela á que se suma o Concello de Redondela e cada vez máis sectores da sociedade. Este reto promove o uso do galego oral durante as 24 horas do día, os sete días da semana, do 20 ao 27 de febreiro. Participa toda a comunidade educativa do municipio, tanto centros de Infantil como de Primaria e Secundaria. Para arroupar esta campaña o Concello distribuirá 3.500 chapas feitas pola Asociación Lenda de Saúde Mental, colectivo ao que Rivas agradeceu “a súa implicación dende o inicio e o seu compromiso co idioma”. Como en edicións anteriores é tamén moi significativa a participación dos clubs deportivos, que promoverán o uso do galego oral para darlle continuidade á campaña.
A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que desde o Concello o obxectivo foi sempre implicar nesta campaña a distintos sectores da sociedade. Nesta ocasión deuse un impulso ao galego no comercio, coa colaboración da Asociación de Empresas. Repartiranse 1.000 bolsas de papel co logo de Rosalía destinadas aos establecementos de Chapela, e tamén marcapáxinas e unha camelia. Durante toda a semana, a hostalaría participante ofrecerá pratos relacionados con Rosalía, a súa obra ou inspirados na súa literatura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar