Redondela selecciona a cen persoas para formarse

A alcaldesa anima ós desempregados a participar e pon o foco “nos excelentes resultados de inserción laboral” obtidos

Presentación do programa integrada de emprego en Redondela.
Presentación do programa integrada de emprego en Redondela. | Atlántico

O Concello de Redondela pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego, o correspondente ao curso 2026-27. A iniciativa céntrase en mellorar a formación das persas participantes e promover a súa inserción laboral. O proxecto conta con 100 prazas para persoas demandantes de emprego de Redondela, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos, maiores de 52 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións ou subsidios, e mulleres en paro.

Ao longo dos doce meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación, técnicas de busca de traballo e realizan prácticas en empresas. Como compensación, todos os participantes teñen dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por cada día de asistencia ao programa.

A alcaldesa, Digna Rivas, anima ás persoas en situación de desemprego a participar neste programa e pon o foco “nos excelentes resultados de inserción laboral” obtidos no Programa Integrado de Emprego de anos anteriores. O ano pasado un total de 93 participantes acadaron un contrato de traballo durante o programa. Para Rivas esta elevada cifra de ocupación demostra “o gran éxito que supoñen estes proxectos para fomentar o emprego”. A través dos convenios con empresas da comarca, o ano pasado 36 participantes fixeron prácticas nos sectores de automoción, comercio, almacén e limpeza “e 25 foron contratados na mesma empresa”.

As persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina do Servizo Público de Emprego. O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, cunha subvención de 230.000 euros e o cofinanciamento do Concello de Redondela para garantir o correcto funcionamento do plan de formación.

Contenido patrocinado

stats