Redondela aproba unha tasa dun euro aos peregrinos
A proposta de AER foi avalada polo PSOE e BNG. O Concello espera recaudar anualmente 160.000 euros
Redondela aprobou unha taxa turística de un euro por noite nunha moción, presentada por AER, que saíu adiante ao contar co voto a favor de PSOE e BNG. Estima que se poderían recadar máis de 160.000 euros anuais atendendo ao número de visitantes, principalmente peregrinos, que pernoctan en Redondela. Os populares votaron en contra e acusaron ao goberno de cargar contra o turismo e contra os autonómos que viven deste sector co único obxectivo de recadar. A aplicación da taxa queda pendente da aprobación dunha ordenanza que a regule polo que as pretensións da Agrupación de Electores de comezar a aplicala en dous meses non parece factible.
A moción presentada por AER argumentaba que a aplicación dunha taxa ás estancias turísticas que gravará a pernocta en todo tipo de aloxamentos hotelerios, incluídos os apartamentos ou as vivendas turísticas, sería beneficiosa a nivel medioambiental e económico. O edil de AER explicaba que dado o incremento notable de turismo, nomeadamente peregrinos que pasan pola vila e que se estiman son máis de 160.000 ao ano sería lóxico valorar a aplicación dunha taxa cuxa recadacións serviría para sufragar investimentos e gastos que teñen que ver co turismo sostible. Unha taxa que apuntan podería ser de 1 euro por noite “que non vai desanimar a ninguén a vir a Redondela pero si vai supoñer un ingreso importante para as arcas municipais”. Apuntaba o edil que esta taxa viría compensar o uso que as 500 persoas que cada día pasan por Redondela fan das infraestruturas municipais. “Un euro ao día non vai desincentivar practicamente a ningún peregrino e, pola contra, ao Concello vaille permitir uns ingresos dunha dimensión considerable”, concluía Roberto Villar. O debate serviu tamén para falar dos “efectos perniciosos que o incremento de turistas está a ter no mercado da vivenda”. O edil do BNG , Xoán Carlos González, defendeu a proposta ante un incremento notable do número de peregrinos, pero tamén cualificou de precipitado pretender que entre en vigor no prazo de tres meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último