Redondela aposta pola cartelería en galego

O Concello convocou unhas axudas para os comercios destinadas á adecuación do local, eficiencia enerxética e publicidade

As axudas destinaranse ao sector comercial do municipio.
As axudas destinaranse ao sector comercial do municipio.

O Concello de Redondela convocou unhas axudas destinadas ao sector comercial durante o pasado mes. As bases recollían tres liñas de financiamento: adecuación do local comercial, eficiencia enerxética e publicidade. Neste último punto, o Concello animou ao uso do galego na rotulación interna e externa, cartelería, webs e redes sociais etc. A inclusión do galego, sen menoscabo das outras linguas, fíxose co compromiso do concello coa normalización lingüística e co propósito de que tivese unha incidencia real no sector. A aposta polo galego é e debe ser entendida pola cidadanía de Redondela como unha marca de identidade e singularidade do sector económico. A importancia da lingua, neste aspecto, é notable debido a que supón incorporar un elemento de valor patrimonial á propia actividade económica.

O resultado desta convocatoria demostrou como de acertada foi esta decisión. Ao redor da metade das solicitudes pediron esta axuda e apsotaron polo galego. Desde a área de normalización, a cargo da alcaldesa Digna Rivas, explícase que esta promoción do galego é unha forma activa de participación da sociedade e da Administración ao redor dun patirmonio inmaterial como é o galego.

Contenido patrocinado

stats