A rapazada de Redondela aprende sobre primeiros auxilios
Coñecer o teléfono 112, técnicas a utilizar ante un caso de afogamento ou facer unha reanimación son algunhas das ferramentas a memorizar
A rapazada que participa nos campamentos de Conciliación de Verán, organizados polo Concello de Redondela, están a recibir sesións de primeiros auxilios. Trátase dun curso con nocións básicas para que todos os pequenos poidan actuar en caso de emerxencia. Coñecer o número de teléfono 112, técnicas a utilizar ante un caso de afogamento ou facer unha reanimación cardiopulmonar son algunhas das cuestións que están a aprender neste pequeno curso municipal.
Máis de 300 os nenos dos diferentes campamentos municipais xa recibiron esta formación da man da concelleira de Infancia, Pilar Martínez, médico de profesión, e do grupo de Voluntariado do Concello de Redondela. Desde unha idade temperá a rapazada pode aprender primeiros auxilios básicos “e os primeiros minutos son cruciais en caso de emerxencia”, sinalou Martínez. A alcaldesa, Digna Rivas, visitou onte o curso que se impartiu no campamento do CEIP Alexandre Bóveda, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa. A rexedora salientou a importancia da dar esta formación aos máis pequenos “porque en calquera momento con saber unha cuestión tan básica como o número de emerxencias 112 poden salvar unha vida”.
Entre os meses de xullo e agosto son preto de 500 rapaces os que participan no Programa Municipal de Conciliación para o Verán en diferentes quendas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Primera división
Vallecas abre por su bien
OBRA DEL ESTADIO
Balaídos elevará el segundo tramo de la cubierta de Gol
MERCADO DE FICHAJES
El Fortuna cierra los fichajes de Hugo Cuenca y Alexis Olmedo