Un mapa turístico de Google amosa 50 lugares de interese de Redondela

A iniciativa parte do divulgador cultural Xosé Couñago quen, paseando polas rúas da vila, decatouse do interesante que resultaría para o camiñante contar cun roteiro

O enlace a este roteiro pódese atopar na páxina de Facebook de Xosé Couñago.
O enlace a este roteiro pódese atopar na páxina de Facebook de Xosé Couñago.

Redondela xa conta cun mapa turístico en Google Maps que permite aos transeuntes descubrir os 50 lugares de interese da vila. Esta iniciativa xurdiu de Xosé Couñago, un divulgador cultural de Redondela, que durante as súas camiñatas polo centro la vila deuse conta do útil e interesante que sería que os transeúntes poideran contar cun roteiro que fora accesible e descargable, como os da aplicación de Google Maps.

Agora, grazas a esta iniciativa, calquera persoa pode coñecer os recunchos máis destacados de Redondela nun percorrido didáctico que pode seguir desde a súa man cun teléfono móvil. Toda persoa interesada pode atopar o enlace a este roteiro na páxina de Facebook de Xosé Couñago.

Couñago explicou, nunha entrevista a Radio Redondela, que “a orografía e composición urbana da vila permiten un paseo no que atopar e admirar diferentes elementos da historia que compoñen un relato de como se foi construíndo e desenvolvendo o centro urbano ao longo dos anos”.

Con esa idea e criterios en mente, Xosé Couñago foi recollendo os diferentes espazos e edificios que lle pareceron relevantes na vila ata chegar a un total de 50 puntos de interese para o seu mapa turístico. Este roteiro sinala, entre outros, lugares como o edificio Royalty, o convento de Vilavella, o Pazo de Petán, os hórreos ou incluso os restos da muralla que rodeaba a vila. Ademáis, ao facer click sobre cada lugar de interese xurde unha pequena descripción que explica a relevancia dese punto, incluíndo ligazóns a páxinas web para ampliar a información.

Un percorrido de dúas horas de duración que parte desde o aparcadoiro do Campo da Feira, poñendo en valor o feito de que este lugar foi no pasado unha gran Marisma, e dende alí fai un itinerario circular que remata na Praza de Abastos. As casas mariñeiras do barrio histórico, edificios singulares de épocas diversas, casas indianas, os escudos que atopamos nas fachadas dalgúns inmobles, o barrio histórico, a Alameda, o cemiterio dos Eidos, a Praza da Farola, os viadutos… e así ata 50 puntos que amosan ao camiñante a historia que se agocha en cada un dos lugares sinalados e que lle ensina a riqueza da vila aos propios veciños de Redondela.

Contenido patrocinado

stats