“Digna Rivas, campioa dos cartos perdidos”, alerta o PP
Os populares de Redondela sinalan que ven de deixar pasar outros 340.000 euros de axudas da Deputación
O grupo municipal do PP de Redondela vén de lamentar o “chorreo insoportable” de perdas de investimentos por parte do goberno de Digna Rivas tras ter acceso ao expediente do proxecto presentado ao 2º Plan Extra da Deputación de Pontevedra, xa que o Concello opta a unha achega máxima de 761.000 euros cando a oferta de axuda directa do goberno provincial se elevaba ata os 1,1 millóns de euros, polo que veñen de deixar pasar outros 340.000 euros.
“Estamos ante unha situación moi grave derivada dunha xestión totalmente ineficaz, porque podería entenderse que nalgún caso se perderan fondos por circunstancias singulares e concretas, pero o que pasa no Concello de Redondela é único na provincia porque se perde diñeiro, e polo tanto investimentos, infraestruturas e servizos, en absolutamente todas as convocatorias. Estamos ante un exemplo de incapacidade absoluta que se debería estudar como o que non hai que facer á hora de gobernar unha administración pública”, criticou o vicevoceiro municipal, Iván Crespo.
Así, tras indicar que o proxecto que concorre a esta segunda edición do Plan Extra, consistente na reurbanización do camiño de Cidadelle, en Chapela, ten un orzamento de 1.088.000 euros dos que a Deputación achegará un máximo de 761.000, o PP redondelán explicou que Redondela podía desenvolver actuacións por 1.571.000 euros ao abeiro deste programa de investimentos e recibiría os citados 1,1 millóns, “pero coma sempre o goberno local adoece de ambición e de capacidade para espremer as axudas ao máximo en prexuízo dos veciños e dos intereses xerais”. O concelleiro explicou que “chove sobre mollado", revelou Iván Crespo, que outorgou a Digna Rivas “o merecido e triste título de campioa provincial de cartos perdidos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar