Almudena Suárez, ‘A curiña’ con máis parroquias
Agora tamén da “misas” no concello de Salceda de Caselas cando non está o presbítero titular
Á redondelá Almudena Suárez Cerviño os seus feligreses chamanelle “A curiña” porque é a única muller autorizada polo bispo da diócese de Tui-Vigo para dirixir a palabra e dar a comuñón, o más parecido a unha misa. Unha labor que leva facendo máis de dúas décadas esta profesora do instituto Mendiño pero que adquiriu unha enorme repercusión a raíz de que este nomeamento fora publicado na páxina web do Bispado e chegou a todos os medios, que amplificaron a nova. Un xesto que entende “é un síntoma de que a Igrexa se vai adecuando aos tempos”. Con todo, tamén puntualiza que os cambios chegan “por convicción pero tamén por necesidade” e, neste caso “a falta de curas obriga a adoptar este tipo de medidas para non ter que pechar as Igrexas os domingos”.
Ata o de agora Almudena dirixía a celebración da palabra en sete parroquias dos concellos de Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A mediados de outubro asumiu este papel en sete parroquias de Salceda de Caselas, cando estea ausente o presbítero titular. Neste sentido insiste en que o seu papel non é oficiar misa, algo que exclusivamente poden facer os curas, “nós facemos asembleas dominicais en ausencia de presbítero”, é dicir, permitir que a xente se reúna en ausencia do sacerdote para profesar a súa fe e celebrar a palabra. Dende o 2004 realiza este traballo e dende o primeiro momento sentiuse acompañada e querida polos fregueses que a recibiron cos brazos abertos. Confesa que sentiu certo respecto á hora de aceptar pero asumiu a responsabilidade de ser a primeira muller nesta labor. “A pandemia supuxo un antes e un despois porque moitos fregueses faleceron e as persoas maiores tamén deixaron de ir porque lle colleron medo”. Con todo, para sinalar un motivo de fondo no descenso de católicos acode ao Papa Francisco: “A igrexa durante moito tempo foi madrasta e non nai”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último