A puxa polo acio de uvas de San Bieito alcanzou os 250 euros
Porriño festexou o seu día grande en honor do seu santo milagreiro e os romeiros acudiron a ofrecerse polos seus males de pel
O Día de San Bieito celebrouse onte en Porriño. É unha das datas con máis tradición no concello que de novo viu marcada polos actos relixiosos pero tamén por unha intensa puxa trala procesión. O bo tempo permitíu que a imaxe fixera o percorrido dende a igrexa polo centro da vila. Xunta ao Santo, a veciñanza puxou ata os 150 euros polo obxecto máis preciado deste día: as uvas, que, maduras a principios do mes de xullo, representan o milagrero que pode ser este santo que, sobre todo, centra os seus esforzos en afecións da pel. Neste caso, tamén axuda a curar o cancro e a acompañar aos pacientes con esta enfermidade, xa que todo o recaudado na subasta da parroquia donarase a AECC.
Pese a que as uvas son o obxecto máis tradicional, este ano tamén unha tarta que emulaba a capilla de San Bieito tivo unha importante tirada e chegaron ao pagar por ela 125 euros.
“É unha das tradicións máis arraigadas do Porriño”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo tras participar na procesión e nos actos relixiosos druante a mañá. A devoción ao santo milagreiro trae a romeiros de fóra do concello, na procura da sanación para eses males cutáneos, ofrecéndose a San Bieito ou sendo ofrecido. A súa especialidade son espullas e as pústulas, polos que tamén recibe os exvotos habituais.
A festa continuou ao longo do serán con música. Tivo lugar un concerto especial polo 30º Aniversario da Coral Polifónica Emmus e o 10º Aniversario da Agrupación Musical do Porriño. Na praza de San Sebastián celebrouse a verbena coa actuación da orquestra Salsarena para seguir coa Disquetoca e o dj Places.
E a festa non para. Hoxe, tamén a partir das 20 horas, darán inicio o programa co Consertasso na horta con Brais das Hortas para toda a familia e un pouco máis tarde, ás 21:30 horas, será a actuación da orquestra Miramar para pechar as festas.
A organización corre a cargo do Concello do Porriño, que contó coa colaboración da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián.
Contenido patrocinado
También te puede interesar