Río Verbena Fest reunirá a 19 artistas durante dous días en Pontevedra
Loquillo, Coque Malla, Nil Moliner, Xoel López, Álvaro de Luna e Andrés Suárez, entre outros, actuarán no Recinto Feiral
O Río Verbena Fest regresará a Pontevedra os días 22 e 23 de agosto, na súa terceira edición, reunindo a 19 artistas na explanada do Recinto Feiral.
O venres 22, Loquillo, Xoel López e Coque Malla lideran un cartel que se completa coas actuacións de Andrés Suárez (na súa única actuación en Galicia), Efecto Pasillo, Orzán, Terapia de Grupo e Guateque Big Band, combinando o pulso da escena estatal con propostas emerxentes.
A música continuará o sábado cun segundo día de programación encabezado por Álvaro de Luna, Nil Moliner, Carlos Sadness e YSY A. Esa xornada incluirá, ademais, a Malmö 040, Carla Lourdes, Taïn, Mamasución, e Javier Lago, nun cartel que reúne diferentes estilos e xeracións nun mesmo espazo.
As entradas e abonos seguen dispoñibles na web oficial do festival, www.rioverbena.com, con prezos dende 68 euros para os dous días e descontos para menores de 12 anos. Existe a opción de acudir ás dúas xornadas ou a concertos específicos, e os horarios de apertura de portas comezan ás 17.45 horas. No recinto haberá tamén zonas habiliatdas con baños y de postos gastronómicos.
O Río Verbena Fest xurdiu no 2023 co gallo de ampliar a oferta festiva e cultural da cidade durante todo o mes de agosto e, debido ao éxito da pasadas edicións, figura xa coma unha cita cuxo obxectivo é que se asente en Pontevedra.
A iniciativa forma parte dos Concertos do Xacobeo, polo que o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo fincapé en que e o Rio Verbena Fest estase a consolidar nesta oferta de turismo de festivais “grazas a un cartel de artistas atractivo para todos os públicos que non esquece apoiar tamén o talento galego”.
De forma paradela, ofreceranse concertos gratuítos polas prazas do Centro Histórico da cidade dende hoxe e ata o sábado con protagonismo das agrupacións locais nas “Sesións Verbeneiras”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último