Okupan unha casa propiedade dun maior con demencia
As asociacións veciñais solicitan “xustiza social” ás administracións ante un posible foco de delincuencia. Unha concentración celebrada este venres logrou a súa marcha
A comunidade de veciños de Salcedo (Pontevedra) denuncia a okupación dunha casa baleira no lugar da Carballeira por parte de, alomenos, unha parella.
Trátase dunha vivenda que é propiedade dunha persona maior con demencia que se atopa nun centro residencial, un feito que acrecenta a indignación veciñal. Enrique Juncal vive na casa de enfrente, é un dos veciños máis afectados, e coma membro da Comunidade de Augas veciñal denuncia que unha das personas okupas ten antecedentes policiais e “é de sobra coñecido pola policía”. Para a comunidade desta parroquia pontevedresa, a casa foi okupada o pasado 16 de xullo e estase convertendo nun punto de delincuencia e trapicheo.
Segundo explica Juncal, lamentablemente o propietario non ten fillos e o parente máis próximo non ten autorización legal para actuar, e “os veciños sentímonos indendensos”. Enrique asegura que “eu tiña as chaves dun candado que había na porta e xa non está”. Para sumar forzas, os habitantes da zona contan co apoio dos veciños do Campo da Porta, a entidade do Sur de Pontevedra, quen está disposta a apoialos en posibles accións en caso de que deran un paso cara adiante.
O colectivo veciñal reclama unha solución ás administracións e anticipan un problema de convivencia. “Nós reclamamos xustiza social para a persoa que ten dereito a ter a súa casa e a conservar a súa vida”, afirma Enrique Juncal.
Para iso, os veciños aseguran que están dispostos a poñer os medios necesarios e “facer o que faga falta” para defender a propiedade de M.M. e a tranquilidade dunha zona rural na que vive unha porcentaxe importante de xente maior.
Pola súa banda, a Policía Nacional ten constancia desta okupación, pero non poden actuar se non existe denuncia e non hai unha orde xudicial.
Salcedo xa viviu outra okupación similar na casa pechada dunha persoa maior ausente hai cinco anos, por parte de sete persoas que mantiveron en vila a toda a comunidade veciñal da parroquia pontevedresa e máis á sobriña do propietario quen emprendeu unha longa batalla legal.
Un caso similar recente ocorreu en Poio o pasado xaneiro, pero a presión veciñal xunto ao alcalde, Ángel Moldes, fixo posible que os okupas abandonasen a vivenda de Combarro baleira na que permaneceron varias semanas causando o malestar na zona.
Concentración e desaloxo
Os veciños de Salcedo realizaron onte unha concentración e accederon á casa, aproveitando a ausencia dos okupas e cando estes chegaron impedíronlles acceder a ela. No lugar, presentáronse efectivos da Policía Nacional e Local, o que xerou momentos de tensión, pero non se produciron altercados.
Os axentes tomaron declaracións e os okupas abandonaron a vivenda para a satisfacción dos veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar