Os nenos da EEI pública Crespo Rivas soportan 14 grados nas aulas
Educación
A Anpa do centro asegura que a Xunta non lles confirmou unha data para a resolución do problema e alertan que entrou auga coa chuvia
Os 188 menores de entre 2 e 5 anos da EEI pública Concepción Crespo Rivas de Pontevedra continúan sen ter calefacción en condicións. Isto fai que os pequenos estén soportando temperaturas medias de 14 grados nas aulas, nas que están todo o día co abrigo. Así o asegura a Anpa Anduriña do centro que alerta que segue sen haber data para a posta en marcha do servizo e “os radiadores impostos pola Consellería de Educación son insuficientes”.
Segundo as familias dos nenos, a inspección técnica visitou a escola e tamén houbo xestións por parte da Xunta, pero polo momento, non teñen confirmada unha solución. Tamén se produciu unha visita dun electricista do Concello para avaliar se a instalación eléctrica podería soportar o uso simultáneo de radiadores eléctricos en todas as aulas, pero non foi favorable e a solución finalmente proposta por Educación foi dotar cada aula dun radiador eléctrico pequeno, unha medida insuficiente, tanto pola potencia destes aparatos como polas dimensións e altura dos espazos.
A Anpa solicita urxentemente unha cuberta na nova entrada, tal e como estaba previsto no proxecto de reforma. O pasado martes, as choivas provocaron que entrase auga no interior do centro coas portas pechadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar