Os nenos da EEI pública Concepción Crespo Rivas, sen calefacción
A Anpa asegura que os pequenos están "conxelados e con abrigo", mentres que desde a Consellería están tentando solventar o problema
A Anpa da EEI Concepción Crespo Rivas de Pontevedra asegura que o centro educativo, que atende a menores de entre 2 e 5 anos, carece de calefacción. A xunta directiva da entidade denuncia que a obra de ampliación de colexio, executada por construcciones castro Figueiro s.l.U e inaugurada polo conselleiro de educación, Román Rodríguez o pasado 24 de outubro, carece da documentación técnica que impide poñer en marcha a calefacción en pleno inverno.
Segundo a Anpa, “o máis grave é que non se trata dunha avaría nin dun imprevisto técnico: é un problema puramente burocrático, derivado dunha falta de previsión e coordinación no proceso de execución do proxecto. Mentres se determina quen é o responsable directo deste erro, e a consellería de educación e construcciones castro Figueiro s.l.U. lanzan a pelota sobre o outro tellado, son os nenos e nenas os que están padecendo temperaturas inadecuadas nas aulas e utilizando un pavillón novo”.
Os pais e nais de alumnos solicitan á Xunta a solución “inmediata do problema”, agravado polas baixas temperaturas dos últimos días e pide tamén que se inclúa a instalación dunha cuberta na entrada do centro educativo público pontevedrés.
Educación estuda alternativas inmediatas
Pola súa banda, desde a Consellería de Educación informan de que "en primeiro lugar, pregamos desculpas á comunidade educativa ante unha situación que desde a Consellería se está intentando solventar o máis axiña posible. Por eso, desde fai quince días, estase contactando reiteradamente coa empresa para que, coa maior axilidade, presenten toda a documentación obrigada co fin de facer efectivo o enganche. Mentres tanto, estanse estudando solucións alternativas para garantir o confort no centro mentres non se conte co subministro de gas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último