A mellor nota da PAU en Pontevedra estudará Medicina
Nerea Bernárdez Fernández, unha alumna de 10 no IES Valle Inclán, acadou nas probas un 9,73 logrando un 13,73 de nota final. Gustaríalle ser doctora e toca o acordeón desde os 9 anos
Nerea Bernárdez é una alumna que roza a perfección en todo. Desde a ESO acadou deces na práctica totalidade das asignaturas así que non é estraño que lograse a máxima nota na PAU na comarca de Pontevedra: un 9,73, que supón unha calificación final de 13,73.
“A nota máis baixa que tiven foi un 8,75 no exame de Bioloxía, pero as outras dúas que ponderaban para subir nota, nas dúas matemáticas, tiven un 10”, explica esta moza que, ademais, toca o acordeón desde os 9 anos, afición que non deixou en ningún momento na Escola de Acordeonistas de Campelo (Poio). “Vino un día en vídeos e chamoume a atención, así que decidín aprender”, afirma Nerea.
Esta alumna pontevedresa explica que “sempre fun de boas notas, pero unha vez que comecei no instituto apliqueime máis”. Cando chegou a Bacharelato soñou con ser veterinaria, pero pouco a pouco decantouse por Medicina. “Gustaríame ser cirurxiá, pero tampouco descarto outras opcións a medida que avance nos estudos”, explica esta alumna, que estudou a Primaria en Cerdedo-Cotobade, localidade da que é orixinaria a súa familia.
“O truco é coñecerse a un mesmo. A min funciónanme os esquemas e marqueime unha media de estudo de seis horas diarias”
A pesar de cursar o Bacharelato Científico-Tecnolóxico, a súa segunda opción, se non lograse entrar no Grao en Medicina, sería estudar Filoloxía Hispánica. “Xa sei que chama a atención, pero encántame a Lingua e a Literatura”, explica Nerea, cuxas aficcións son as propias dunha moza de 17 anos: sair cos amigos, ler e desfrutar, mantendo unha disciplina nos estudos.
Nerea explica que “o mellor truco de todos para sacar boas notas é coñecerse a un mesmo. Hai persoas que lle funcionan os esquemas, a outros os resumos…No meu caso son os esquemas”. Ao rematar segundo de Bacharelato tomou unha semana de descanso e despois púxose un horario de mañá e tarde durante as dúas semanas previas estudando unha media de seis ou sete horas diarias. Fixo unha planificación por asignaturas, “que ao final non seguín ao pé porque ía estudando o que máis me gustaba”. E o resultado valeu a pena. Nerea non tardou en recibir as felicitacións dos profesores tan pronto se publicaron as notas, aos que valora e dos que afirma estar agradecida, así como dos seus compañeiros.
Agora, esta adolescente pontevedresa ten previsto xa o seguinte paso. “Matriculeime na autoescola e descansarei do verán”, mentres espera que lle confirmen a súa admisión nunha das disputadas prazas da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar