Juan Manuel Loureiro: “Respecto á liorta na praza de Barcelos, temos clarísimo que o que falla é a lei”
Presidente da Federación de Veciños Castelao (Pontevedra)
Juan Manuel Loureiro Taibo (Pontevedra, 1965) é o presidente de Federación de Veciños Castelao de Pontevedra e, desde o mes de abril, asumiu a dirección da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave).
Que percepción hai por parte da federación respecto a liorta na praza de Barcelos?
Nós témolo clarísimo que, neste caso e noutros, o que falla é a lei. Se ti o que fas é permitir o menudeo, porque nós entendemos, independientemente da problemática destes días, que á xente reincide, anda no menudeo, sancíonaos. Pensamos que esto non é normal cando unha persoa é reincidente. Todos cometemos errores na vida e temos dereito a resarcirnos. Cal é o problema? O problema é o trapicheo ou menudeo, que é o que xenera toda a inseguridade que existe. Hai expertos na mecánica, pero tamén na delincuencia, e esa xente é a que se está beneficiando do laxa que é a lei. Pontevedra non é unha cidade insegura, o que pasa que hai brotes que xeneran alarma porque ás veces hai xente que baixa da cárcel da Lama e chega o galo e alborota o galiñeiro. Con todo, a maioría da veciñanza non ten percepción de inseguridade.
Cales son as demandas máis urxentes dos vecinos de Pontevedra?
Temos un libro de liñas de reclamacións feitas e vai por barrios pero, en xeral, hai unha cousa que é fundamental para nós que cremos que falla. Primeiro, é o transporte a Montecelo, hai dúas líñas e desas hai unha que non chega ao hospital, e cremos que é fundamental que o faga. E parécenos vital que os aparcadoiros disuasorios estén ao lado do transporte público e hai que incrementar os autobuses ao hospital nas fines de semana e engadir paradas. Se incrementas o transporte público, alivias os estacionamentos.
Respecto a campaña que tendes en marcha contra a aparcamento de pago de Montecelo, cal é o seguinte paso?
Recadamos 12.084 sinaturas só dos afectados da área sanitaria en catro fines de semana e presentámosllas á Xunta. Unha das reivindicacións que temos é que a Sanidade funcione, porque as listas de espera son enormes, pero respecto ao parking, nós sabemos por outros sitios, que tes a primeira media hora gratis e despois a hora completa 90 céntimos e, a continuación, cada hora, un euro, e non hai ninguén que faga unha xestión en Montecelo en menos dunha hora. Temos un problema. Unha vez que teñamos acceso ao transporte público, cobremos, pero de entrada non. Son 11 millóns o que custa. Ademais, as prazas non chegan porque son 900 e hai 2.000 traballadores. Nós non imos a parar e decidiremos que cousas máis fortes imos a facer. Eu entendo que noutros sitios non houbo esta oposición porque non houbo información, pero nós xa levamos tempo opoñéndonos a isto dende o primeiro momento.
Hai resposta por parte da Xunta?
De momento non, o prazo de contestación remata o día 16 de xuño, polo que me poñerei en contacto co gabinete do conselleiro ese luns para ver se me recibe ou, senón, xa empezamos co movemento para adiante coa manifestación como último recurso. Se se comprometen con máis terreos que se poidan meter para prazas, non hai ningún problema.
Como presidente da Confederacion Galega de Asociacións Veciñais, cales serían para vostede os principais retos?
A Cogave non é coñecida, así que a miña intención en dala a coñecer e manter relacións institucionais novas e administrativas coa Xunta. Tamén, temos que solucionar o tema da vivenda e hai que regular todo o tema da Vivenda Turística obligando a todos estos aloxamentos a poñer a placa porque só con iso xa se sabería cales son ilegais. E despois existe un problema co propio colectivo. Non me refiro a grandes propietarios porque o que existe en Galicia é moita vivenda escura, sen declarar. Entón, cal é o problema? que a maioría das vivendas dos propietarios legais tributan a Facenda e entre eles existe un ‘runrun’ e con poñer a sinalización xa quedaría ao descuberto. Despois, non pode ser que se tarden seis anos entre trámites etc, para facer uns pisos. Unha solución sería que todas as vivendas da Sareb se adicasen a pisos sociais ou de aluguer. Outra cousa que nos parece sangrante son as comisións dos bancos, tamén queremos loitar contra iso. Por último, queremos lograr un maior acercamento ás administracións que parece que os administrados estorbamos e non pode ser así. Temos que volver, de momento, á ventanilla, pero non a de volva vostede mañá, senón a de atendémolo agora.
Contenido patrocinado
También te puede interesar