A Feira de Animais de Compañía terá un ‘Got Talent’ de mascotas

O evento celebrarase esta fin de semana en Pontevedra con entrada gratuíta

Unha das exhibicións celebrada na pasada feira do 2024.
Unha das exhibicións celebrada na pasada feira do 2024. | D.P.

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a III Feira de Animais de Compañía os vindeiros 24, 25 e 26 de outubro con entrada de balde.

A programación inclúe exhibicións, competicións deportivas de Agility, concursos, 30 expositores e información e venda de artigos para mascotas, así como faladoiros e zona de xogos.

Un dos puntos centrais será a participación das protectoras de cans de Pontevedra e Poio, co obxectivo de recoñecer o seu traballo e coñecer as diferentes formas nas que se pode colaborar ou adoptar.

A edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, salientou que se trata dun evento que pon de manifesto a “vontade de Pontevedra de recoñecer a importancia dos animais e do seu benestar”.

Este ano, haberá por primeira vez un concurso o domingo, no que se premiará aos animais de compañía “máis guapos, ou con habilidades especiais”, segundo a organización, no que poden participar todos os que o desexen levando a súa mascota ao recinto e anotándose o mesmo día.

A apertura da feira será este venres ás 18.00 horas e pechará ás 20.30 horas. O sábado e o domingo, o salón abrirá en horario de 11.00 a 14.00 e ata as 20.30 horas.

Contenido patrocinado

stats