Edugal mostra a formación de maior inserción laboral
A 14ª Feira da Educación de Galicia abriu en Pontevedra con 64 institucións que ofrecen demostracións prácticas e orientación para todas as idades
Coñecer os minerais ou o corpo humano a través da Realidade Virtual, manexar un simulador loxístico ou saber cómo se constrúe un vehículo eléctrico son só algunhas das cousas que se poden facer na 14 edición da Feira da Educación de Galicia, Edugal, en Pontevedra.
O evento, organizado por Aempe, en colaboración co Concello, abriu onte as súas portas no Recinto Feiral con 64 expositores, entre os que se atopan as tres universidades públicas galegas, con 22 facultades con stand propio, a UNED, outras universidades de Madrid, Salamanca e Portugal, centros de Formación Profesional, e as Forzas Armadas.
No primeiro día, alumnos de 180 escolas e institutos encheron o salón no que os Centros Integrados de Formación Profesional acaparan as miradas coas demostracións prácticas. María Dolores Méndez, xefa do departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo, explica que “estamos aquí para potenciar a nosa familia porque hai moita demanda de profesionais”. A docente asegura que a oferta laboral no sector é tan alta que piden á Xunta que lles permita ampliar as prazas.
David Sánchez, profesor dos ciclos de Automoción no IES Vilalonga de Sanxenxo, tamén asegura que os alumnos do sector saen prácticamente “co traballo asegurado”. No seu stand, está Marta Esperón, unha das 3 alumnas do Ciclo Medio de Electromecánica que mostra a súa experiencia aos asistentes e afirma que lle gustaría traballar nun taller. Outra vintena de Centros Integrados de Formación Profesional ensinan cómo se traballa en carpintería, sanidade, electrónica, hostelería, ou beleza e estética.
Raquel Pérez, directora de Captación de Alumnado e Innovación Científica da Escola de Enxeñaría de Minas trata de explicar “as experiencias prácticas e saídas laborais que teñen os graos vinculados á Escola con gafas de Realidade Virtual e unha maqueta que mostra cómo se fai a extracción e traballo en Enxeñería”. Raquel afirma que as “opcións de saídas laborais que temos están actualmente por riba do 90%. O campo que teñen é moi amplio, porque en Galicia temos explotacións mineiras e recursos que son utilizables”.
Nun stand paralelo, Sonia García, estudante de Bacharelato, interésase por Enfermaría, malia que “estou aberta a todo porque a verdade non imaxinaba que había tantas opcións profesionais”. E sorpresa desperta tamén o expositor das Forzas Armadas, coa opción de subirse a un vehículo militar, xunto ao da Policía Nacional.
Dentro das universidades, a UNED destacou onte pola súa oferta, a máis completa con 30 graos oficiais sen nota de corte que, ademais, presenta o sistema de financiamento ‘Plazox’, que permite aos estudantes fraccionar o pago da súa matrícula.
Edugal 2025 volverá a abrir hoxe, con entrada gratuíta, desde as 10.00 ata as 18.00 horas e mañá con orientacións personalizadas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Lotería de Navidad
Vigo busca la suerte: más venta de Lotería que en 2024
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas