“A derradeira lección do mestre” expoñerase no Museo Provincial
A Deputación está en conversas co Centro Galego de Bos Aires para a cesión temporal da obra orixinal de Castelao coñecida como ‘O Guernika galego’, que reflexa o asasinato de Bóveda
O presidente da Deputación, Luis López, e o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez iniciaron as conversas co presidente do Centro de Galicia de Bos Aires, Jose María Alén, para a cesión temporal do cadro de Castelao, “A derradeira lección do mestre”, obra cumio do intelectual galeguista, ao Museo de Pontevedra e que poida ser exposto ao público no 2026.
“A derradeira lección do mestre” é a obra máis emblemática da colección Galicia Mártir, un conxunto de 31 debuxos repartidos en tres álbums sobre a Guerra Civil realizados polo artista e galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O Museo de Pontevedra custodia estas obras de arte que inclúen o debuxo orixinal que serviu de base para a elaboración deste cadro polo que a institución provincial e o Centro Galego de Bos Aires, que custodia a obra, están en negociacións para o seu traslado temporal a Pontevedra. Moi previsiblemente tratarase dunha cesión por catro meses para que esté exposta ao público no Museo de Pontevedra durante tres, segundo o vicepresidente provincial.
O cadro orixinal ten unhas dimensións considerables de 2 metros de alto por 1,5 metros de ancho e é incluso coñecido como ‘O Guernika Galego’. Unha vez que se formalice a cesión, pola que a Deputación se mostra optimista, será a primeira vez que “A derradeira lección do mestre” se poida ver na provincia de Pontevedra, e será a segunda vez en Galicia, tras o seu paso polo Gaiás, en Santiago, no 2018.
Pola súa banda, o presidente do Centro de Galicia de Bos Aires tamén amosou a súa satisfacción pola posibilidade de expoñer este lienzo no Museo Provincial. “A disposición é máxima para que os galegos non teñan que ir a Bos Aires para velo e podan facelo aquí”, sinalou Jose María Alén, quen engadiu que “A derradeira lección do mestre é un dos símbolos de Galicia indiscutiblemente e non é propiedade de Bos Aires é de toda Galicia e de todos os galegos”.
A directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, salientou tamén a estreita relación entre Arxentina e Galicia arredor da figura de Castelao, desde onde chegou a lámina orixinal ata o Museo e que “esta iniciativa poida ser una realidade alegraría moito a Castelao”.
Pontevedra alberga actualmente a maior colección do galeguista de toda a comunidade galega, que pode visitarse de balde en varias salas do Edificio Castelao do Museo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Tragedia ferroviaria
Los Reyes presiden en Toledo el funeral por las 69 víctimas del accidente de Urda
Huelga general 11-N
Vigo será el epicentro de la primera huelga general en 14 años