Testamento que otorga / no enterro o Rei da esmorga

Publicado: 02 mar 2014 - 01:36

O Monarca do Entroido, o señor Meco/ que é persoa real e non boneco;

o que queimado baixa á sepultura/ pero segue inmortal como figura.

Moitas cláusulas ten o testamento/ que eu recollo en servicio e ofrecemento.

Non se deixa morrer aos bos vigueses/ polo menos saltando só dez meses/

ata xuño, cando chega San Xoán,/ para poder xantar sardiña e pan.

Ao quie debedes engadir bo viño/ que vaille ben ao corpo e fai camño.

Para os vigueses do século que ven/ ou sexa cando pasen anos cen,

deixo unha obra para a inaugurar / e que lle chamen "Abrir a Vigo ao Mar."

E falando do mar: aos mariñeiros/ fartos dos europeos mentireiros/

deixo dito que para este verán/ aumentarán a cota de fletán./

Para os que pensan que a circulación/ non se pode arranxar na poboación

déixolles novas grúas e a resultas/ que lles suban o imposto e mailas multas.

Déixolle aos futbolistas un balón/ que mesmo marca goles a reacción.

A ver se deste xeito os xogadores/ son en vez de ser mantas, cobertores!

Deixo dito e escrito e volo ordeno, / que da Porta do Sol marche o Sireno.

e para que a ninguén poida asustar,/ que o boten pola ría e… a nadar!

Déixolle ao pobre pobo as eleccións/ políticas, que boa coña son.

Presentaranse ás elecciions futuras/, valeiros, ¡máis con moita caradura!.

E anque hainos, politicos de nada,/ haberá que sufrir a súa empanada.

Os enfermos, pobriños, sempre están/ e son máis tontos que o meu rei Satán.

Díxome el: "Son bo pois son o meco. /E o que se di pecar, ben pouco peco.

Peco menos que vós, moi venialmente./ Enterrrádeme:, son de boa xente."

E ata morro con gusto e con ledicia./ E berro: Viva,Vigo e máis Galicia!".

Contenido patrocinado

stats