Masa forestal, combustible e impostos

Publicado: 28 jul 2026 - 00:16 Actualizado: 28 jul 2026 - 00:17
Opinión.
Opinión. | Atlántico

Segundo datos do Banco Mundial, España gañou un 33,6 por cento de superficie forestal desde 1990. Concretamente pasou dun 27,65% de territorio natural cuberto por bosque en 1990 a un 36,9% en 2016. Segundo a mesma fonte o resto do globo reduciu a súa masa forestal nun 3% durante o mesmo período.

A foto que ilustra este artigo é do castelo do Castro, visto desde o castelo de San Sebastián a princios do século XIX. Ilustra á perfección o crecemento da superficie arbórea en España.

O Anuario Estatístico Forestal do Ministerio para a Transición Ecolóxica estima a superficie arborizada de España a mediados do S XIX nuns seis millóns de hectáreas; agora case douscentos anos máis tarde a superficie calculada é de 19,2 millóns de hectáreas, é dicir, un incremento do 320%.

Ata o de agora os bosques eran un ben para conservar porque son auténticos sumidoiros de carbono. As plantas, durante o día e grazas á luz do sol e o proceso de fotosíntesis, capturan o CO2 atmosférico e transfórmano nos carbohidratos que precisan para crecer, liberando ao mesmo tempo osíxeno. A Xunta de Galicia estima que nos montes en man común en Galcia hai almacenadas 243.000 toneladas ce CO2 equivalente. É dicir, o equivalente ás emisións de dióxido de carbono durante un ano por toda España.

Pero iso era na vello paradigma. Agora, co cambio climático, de nada válenos ese almacén se finalmente será de novo lanzado á atmosfera cos incendios. Noutras palabras, se ardese toda a masa forestal galega, ese ano España emitiría unha pegada de carbono dúas veces maior que a habitual.

Agora a pregunta é outra: Podemos permitirnos esa xigantesca masa forestal en termos de mantemento, limpeza e protección contra os incendios? Óese dicir que os incendios se apagan no inverno, para escenificar a limpeza e mantemento da nosa masa forestal. Pero o que non se di é canto custaría manter os bosques ordenados e limpos.

A Confederación de Organizacións de Selvicultores de España (COSE) cifra o listón mínimo en 1.000 millóns de euros anuais para evitar os incendios forestais cunha xestión sostida e profesional. Pero estimacións menos optimistas multiplican por tres dita cifra.

Lamentablemente, a mala noticia é que os incendios se apagan con impostos. Con impostos límpase o monte, ordénase, mantense a UME e os brigadistas e bombeiros forestais. E as comunidades autónomas han financiado a súa carreira por reducir os impostos con partidas máis e máis reducidas á prevención dos incendios forestais.

O gasto en prevención de incendios forestais esborrallouse especialmente en Andalucía e Castela e León, duas das rexións máis golpeadas estas semanas. Desde 2009 ata 2022 o investimento público esborrallouse un 67% na primeira e un 86% na segunda.

En magnitudes agregadas España reduciu en máis da metade o seu gasto en prevención de incendios nos últimos 13 anos . Se nos comparamos con outros países da nosa contorna destinamos menos diñeiro á prevención, a extinción e as emerxencias. No ano 2022 Alemaña foi o país que máis investiu en servizos de protección contra incendios dentro da Unión Europea. A Alemaña séguenlle Francia e Italia. España ocupa o cuarto lugar, está por baixo da media europea en europea en canto a investimento. O seu gasto representa o 0,4% do gasto público nacional. Vaia por diante que o cambio climático en materia de ondas de calor e seca afecta a España e non a Alemaña.

O que sucedeu este verán non é un evento excepcional. O é só se botamos a vista atrás. Pero estes incendios salvaxes van ser a tónica xeral no futuro que nos agarda.

O novo paradigma do cambio climático, modificou a desexable superficie forestal en España. É a natureza a que fai arder o monte, non os pirómanos a quen as fontes solventes atribúen un 2% dos incendios forestais.

Non nos podemos permitir a masa forestal actual, porque lonxe de ser un beneficioso almacén de CO2, transformouse nunha perigosa gasolineira.

Contenido patrocinado

stats