A Xunta construirá 40 vivendas públicas próximas a Silgar
Serán para menores de 36 anos en réxime de alugueiro e a menos de 5 minutos da praia
A Xunta construirá arredor de 40 vivendas públicas para menores de 36 anos no Concello de Sanxenxo, tras acordar a cesión da parcela da rúa das Cunchas. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo hoxe un encontro co alcalde, Telmo Martín, no que se abordou esta nova colaboración.
Allegue destacou que, no reto da Xunta para duplicar o parque público de vivienda residencial é precisa a cooperación dos concellos e subliñou neste senso a colaboración de Sanxenxo cunha nova cesión de solo onde construír, despois da formalización xa en febreiro doutra cesión en Noalla, onde a Xunta construirá 25 vivendas públicas.
Explicou que a nova parcela está situada na rúa das Cunchas, no centro do núcleo urbano de Sanxenxo e próxima á praia de Silgar. E subliñou que se trata dun solo
dotacional de titularidade municipal, no que, grazas á modificación normativa aprobada este ano pola Xunta, poderase construír vivenda.
Os futuros fogares estarán destinados ao alugueiro accesible para menores de 36 anos.
Nos vindeiros días asinarase a cesión e a Xunta licitará o antes posible a redacción deste pxoxecto.
No que atinxe á promoción de Noalla, a Administración autonómica ten en licitación a redacción deste proxecto, dirección de obra e a construción destes fogares por un orzamento de case 6,8 millón de euros e o prazo de presentación de ofertas remata o 29 de abril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último