Portos afirma que os áridos do Lérez poden ser depositados no mar

La Xunta segue á espera de que o Miteco autorice un punto de vertido do material do río e poida efectuarse o dragado da canle de acceso ao porto

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, no Parlamento.
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, no Parlamento.

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos en relación a actuación prevista para a dragaxe do río Lérez na canle de acceso ao porto de Pontevedra. Durante a súa intervención, o presidente de Portos incidiu en que a Xunta permanece á espera de que o Miteco autorice un punto de vertido para o material que se drague.

Neste sentido, Álvarez lembrou que hai dous meses que o ente público remitiu ao Ministerio de Transición Ecolóxica o informe do Cedex, pese a ser este un organismo dependente do propio Ministerio, co obxectivo de axilizar a autorización do punto de vertido, un requisito imprescindible para que Portos de Galicia poida iniciar a tramitación ambiental das obras e que condiciona as características e custe da mesma.

En relación ao informe, o presidente de Portos destacou que é resultado do traballo conxunto do propio Cedex, das Autoridades Portuarias do Estado en Galicia e do ente autonómico, e que os tres puntos que recolle como posibles zonas de depósito foron seleccionados polo Cedex en 2022, con especial fincapé da E8 de Sálvora.

Respecto a posibilidade do depósito dos áridos en alta mar, o presidente de Portos destacou que, dende a Xunta, realizáronse catro campañas de caracterización dos áridos, validadas polo Cedex no seu informe, para coñecer a súa composición nos anos 2009, 2016, 2020 e 2024 e que todos os materiais detectados son de categoría A e B, “é dicir, non contaminados”.

José Antonio Álvarez sinalou e clarexou que “isto non quere dicir que non existan concentracións dalgúns metais pesados, pero son moi baixas”.

Contenido patrocinado

stats