O Grove abrirá 10 días de marisco, música e tradicións
A vila inaugurará mañá a 62 Festa do Marisco cos produtos do mar e concertos que inclúen desde La La Love You ata a Noite Meiga
O Grove abre mañá a partir das 19.00 horas a 62 edición da Festa do Marisco coa garantía de todos os postos do produtos do mar frescos, incluido o polbo, stand que quedou deserto ata o último momento.
Os prezos das racións oscilarán entre os 4,50 euros das empanadas ata os 19 aproximados que terán 150 gramos de camaróns baixo a carpa que se instalará na Praza do Corgo. Segundo o Concello meco que concedeu os postos por catro anos, os veciños e visitantes que se acheguen ao recinto poderán degustar ameixas, mexillóns, nécoras, ostras, percebes, vieiras, zamburiñas/volandeiras e berberechos ou navallas. Os stands abrirán desde o 2 ata o 12 de outubro dende o mediodía ata ás 22.30 horas e media hora máis durante as fines de semana.
Paralelamente, León Benavente, La La Love You, Siloé e De Ninghures, entre outros, actuarán nos concertos do marisco a partir das 22.00 horas. Este sábado 4, será León Benavente quen inaugure as actuacións e o domingo será o turno de De Ninghures.
Na festa tamén se fará entrega das tradicionais Centolas de Ouro, que otorga o Consello Local de Turismo do Grove ás distintas personalidades nunha gala no Auditorio do Grove. Este ano distinguirase ao cirurxiá Diego González Rivas, á piragüista Tania Álvarez, ao mariñeiro xubilado Raúl Fontoira, e a empresa local Nikis Galicia.
Dentro da programación inclúense actividades infantís, desfiles, regata de dornas, a xuntanza internacional de Vespas, bailes tradicionais, as xornadas gastronómicas “A Cociña do mar” e a Noite Meiga xunto a unha gran queimada o sábado 11 de outubro. O último día haberá un encontro do traxe tradicional galego.
900.000 euros de facturación no 2024
A Festa do Marisco do Grove do 2024 logrou para o Concello 900.000 euros de facturación, segundo o goberno local, batindo récords na venda de racións cada ano, especialmente dende que se fixo coincidir coa ‘Ponte do Pilar’. Ata a data, o ano de maior recadación rexistrouse no 2023, periodo no que o Grove logrou 1,1 millóns de euros e a repartición de 150.000 tickets pola Festa do Marisco.
As previsións desde ano volven a ser boas por parte do goberno de José Cacabelos en función das cifras de visitantes que se esperan para esta fin de semana e na seguinte. Nesta edición incorpórase coma novidade un sistema de pago electrónico que funcionará dunha maneira similar aos festivais de música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar