O Grove abre a Festa da Centola con menús para todos os petos
Un total de 18 restaurantes ofrecerán pratos, tapas e petiscos para potenciar o produto estrela da localidade meca
O Grove comezará hoxe a XIII Festa da Centola, organizada por Emgrobes, para potenciar o produto estrela desta localidade ata o 8 de decembro.
Nesta edición participan un total de 18 restaurantes que prepararán unha variedade de tapas, pratos e petiscos con “prezos para todos os petos”, segundo a xerente de Emgrobes, María Gómez. “Non é o memo que a Festa do Marisco, na que hai unha carpa e prezos fixados, senón que se trata dunha oferta da que se encarga cada establecemento. Así procuramos que haxa unha variedade para todas as posibilidades”, explica. Ademais, hai 12 hoteis adheridos para aloxamentos con descontos, que se poden consultar na páxina web de Emgrobes.
Os locais deste ano son A Fuego, A Solaina, Bruma, Canta Claro, El Rincón Restaurante Vinoteca, Finisterre, Furtivos, Jueso de Caña, Mesón do Mar, o 48 da Platería, O Cruceiro, Lavandeiro, Pan de Millo, Sal de Allo, Senlleiro, Solania, Taberna Plaza y Terraza O Castro.
Os comensais poderán degustar desde a típica centola cocida ata pratos que combinan a base deste marisco coa cociña de vangarda aproveitando a boa calidade deste ano.
Malia que polo momento é difícil prever o número de persoas que se achegarán ata O Grove estes días, a xerencia de Emgrobes confirma que para esta fin de semana espéranse 400 persoas de cofradías gastronómicas procedentes de 6 países, que participarán no Congreso de Ceuco (Consello Europeo de Cofradías Enogastronómicas).
Paralelamente, a lonxa do Grove acollerá este venres a subasta das mellores centolas macho e femia cuxa recadación irá destinada a Cáritas e, no mesmo recinto, terá lugar un showcooking o 4 de decembro con degustación de receitas de setas con centolo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último