Carril celebrará a Festa da Ameixa por todo o alto
A organización prevé despachar 3.000 quilos de xapónica nunha edición que se prolonga os días 9 e 19 de agosto
A Festa da Ameixa do Carril celebra a súa XXX edición estendendo a celebración aos días 9 e 10 de agosto. A presentación da actividade realizouse onte na praia de Portugalete, e acudiron tanto o alcalde, Alberto Varela, como o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Álvaro Carou, así coma o patrón maior da localidade, Javier Quintáns.
O sábado 9, o chef Miguel Mosteiro preparará unha paella xigante, a partir das 22.00 horas; mentres que o domingo, o pregón correrá a cargo do humorista arousano Carlos Blanco, tras o cal comezará a degustación dos bivalvos.
Unha das novidades deste ano é que os tickets poderán mercarse online a través da web municipal www. ticket.vilagarcia.gal. “O obxectivo é axilizar as filas, aínda que sabemos que as persoas maiores preferirán compralos nas carpas o propio día da festa, ou en praza de Galicia o día de antes”, explicou Quintáns.
A Festa da Ameixa é de Interese Turístico Nacional ao formar parte do programa de San Roque, que conta con esta distinción. O rexedor, que invitou a veciños e visitantes a non perder esta importante cita gastronómica, sinalou que é un día “para enchernos de orgullo e presumir do Carril e do seu produto, unha referencia nacional e internacional”.
A comida comezará a servirse o domingo partir das 12.30 horas ata esgotar existencias. “Esperamos vender uns tres mil quilos de xapónica, o que serán 8.500 racións”, explicou o patrón maior.
Os prezos serán de 12 euros a ración de ameixas e de 5 a de paella. Trátase dun custe “popular” co que a organización trata de poñer promocionar e poñer en valor o produto estrela da Ría de Arousa e non de sacar beneficio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar