O Capítulo Serenísimo pon o broche á Festa do Albariño
Un total de 45 cofradías gastronómicas participaron no desfile e acto solemne onde se nomearon aos Cabaleiros e Damas e Feijóo defendeu o viño coma “cultura, economía e país”
“O Albariño é unha ponte entre pobos”. Así o calificou o alcalde de Cambados, Samuel Lago, onte na cerimonia solemne do Capítulo Serenísimo da Orde do Albariño, que puxo o broche de ouro a unha festa multitudinaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, Gran Mestre da Orde, acompañaron ás 45 cofradías gastronómicas chegadas desde toda a Península Ibérica e aos cinco novos defensores do Albariño desde o Auditorio da Xuventude ata o Pazo de Fefiñáns.
Alí, no Patio de Armas do Recinto Histórico, foron nomeadas Damas do Albariño a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana; a actriz María Mera; e María José García-Pelayo, alcaldesa de Jerez de la Frontera. A rexedora fixo un emotivo discurso no que prometeu estreitar máis os lazos coa D.O. Rías Baixas, unhas das máis antigas do Estado.
Os novos Cabaleiros, Pedro Ferrer, presidente da Federación Española do Viño; e Celestino Pintos, viticultor cunha longa trexectoria no Salnés, tamén fixeron o seu xuramento do Albariño “como lexítimo señor de todos os viños do mundo cristiá”. Ao rematar, os cinco brindaron despertando unha ovación no público.
Núñez Feijóo fixo unha defensa do sector, sinalando ao viño coma parte da “cultura, economía e país”. O líder do PP remarcou que “en cada copa hai unha historia, un pobo e un gran futuro todavía por contar”, e aproveitou para pedir para o sector “unha lei e aranceis sostibles”.
No canto ás Follas de Prata, entre os distinguidos, estivo o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, polo seu apoio ao sector e colaboración coa festa; xunto ao deputado Javier Tourís; Eduardo Esteban, da Asociación Colón Galego; Adelino Teixeiro, da cofradía Presunto e Cebola Val Tamega e Sousa; Justine Teixeira, Mestre de la cofradía Vinhos do Douro; Miguel Ángel Fuentes Calleja e Dilma Laranja Pontes, presidenta de la Cofradía Vila do Comité.
Tras a cerimonia, a banda de gaitas de Paramos de Tui interpretou o Himno Galego que deu paso ao Xantar do Albariño.
A festa continuou no Paseo da Calzada de Cambados ata arredor das 22.00 horas cunha constante afluencia de persoas ao longo de todo o día. A celebración, de Interese Turístico Internacional, volveu a demostrar un ano máis o seu poder coma espazo de celebración e identidade cultural no corazón do Salnés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra