Bustamante e Ainhoa Arteta, estrelas das festas de Vilagarcía

Ambos cantantes ofrecerán concertos gratuítos por San Roque en agosto

A cantante Ainhoa Arteta.
A cantante Ainhoa Arteta. | D.P.

A soprano Ainhoa Arteta e o cantante David Bustamante ofrecerán sendos concertos gratuítos nas festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa o vindeiro mes.

Arteta actuará no parque da Xunqueira o día 18 de agosto ás 22.00 horas, nunha gala lírica que contará coas voces do barítono Luís Santana e da soprano carrilexa Loli Crespo, ademais do acompañamento musical do pianista Victor Carbajo. Na cita interpretaranse cancións de Puccini, Rossini, Leonard Cohen ou Mecano, entre outras.

A actuación divídese en dúas partes. Durante a primeira sesión, os amantes da ópera deleitaranse coas obras clásicas e tamén haberá tempo para o ‘Hallelujah’ de Leonard Cohen ou ‘La Ci Darem La Mano’ de Mozart.

O segundo acto comezará con ‘Dos cantares populares’, de Fernando Obradors e continuará con ‘Alfonsina y el mar’, de Ariel Ramírez; ‘El Sampedrino’, de Carlo Gustavino’; ‘Quíxente tanto meniña’, baseado nun poema de Rosalía de Castro; e ‘La llorona’, de Andrés Henestrosa. Finalmente, soará ‘Hijo de la luna’, de Mecano; ‘La tarántula’, de Gerónimo Giménez; ‘Romarza de Marica’, de Bernardo del Río; e ‘Libre’, de Nino Bravo.

Pola súa banda, David Bustamante, presentará en Vilagarcía o seu novo disco 'Inédito' o 20 de agosto ás 22.30 horas. Neste traballo, composto por unha decena de temas pop, os fans coñecerán a lado máis creativo do cantante cántabro, que se lanza por primeira vez a compoñer as súas cancións.

Imaxe promocional de David Bustamante.
Imaxe promocional de David Bustamante. | Ima

Ambos concertos súmanse aos xa anunciados de Mago de Oz (19 de agosto) e Mondra (22 de agosto), tamén para as festas de San Roque. O Concello de Vilagarcía, vai desvelando aos poucos a súa oferta destinada a todos os públicos e de balde.

Contenido patrocinado

stats