A militante socialista máis veterana, en Vilaboa
Antonia García Valladares, “Tucha”, cumpriu 101 anos e recibiu a visita do alcalde César Poza e do secretario provincial do PSdeG, o vigués David Regades
Alcalde de Vilaboa e Regades acudiron a felicitala e para gozar con ela durante un rato, dado que desfruta dunha excelente saúde e dunha memoria intacta. “Tucha” é unha das militantes socialistas máis veteranas de toda España. Non obstante, ela mesma volveu explicar que afiliouse ao PSOE para cumprir a promesa que lle fixo ao seu pai, represaliado polo franquismo e activo militante e defensor da democracia.
David Regades expresou o orgullo que supón compartir con Tucha compromiso político pola liberdade, “a auténtica liberdade da que hoxe podemos gozar gracias á loita dos nosos maiores”. Expresou a felicidade de poder visitar a “unha muller que emociona só con mirala aos ollos”. “Somos un partido con 145 anos de historia, o único que leva a España nas súas siglas, pero o máis importante son as persoas: as que fundaron este partido e as que o trouxeron ata aquí, transmitíndonos o vínculo cos ideais do socialismo, que son hoxe máis necesarios que nunca”, afirma Regades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último