Cinco novos filmes chegan hoxe ao festival de Bueu

Fran Moreno, Santi Pujol e Del Razo presentan “Furia” e “Domingo familiar”

Cinestas en Bueu, no festival.
Cinestas en Bueu, no festival.

Este venres no festival de cine FicBueu, na quenda da sección oficial, tanto na sesión das 19h00 como na das 21h30 proxectaranse “Amarela”, de André Hayato Saito (Brasil); “Linnud Lainud”, de Anu-Laura Tuttelberg (Estonia, Lituania); “Domingo familiar, de Gerardo del Razo (México); “Furia", de Fran Moreno Blanco e Santi Pujol Amat (España); y “Bad for a moment”, de Daniel Soares (Portugal). “Amarela” é un filme de personaxe, atento ao mundo interior dunha moza nipo-brasileira chamada Erika que se prepara para ver a final do mundial de fútbol entre Brasil e Francia, feito que nos sitúa no verán do 98. “Linnus Läinud” trátase dun pequeno poema audiovisual en stop-motion ambientado nas frías paisaxes do inverno noruegués. Como sucede cos poemas, o seu sentido máis profundo non xorde propiamente de ningún discurso, senón da súa forma: está nos achados rítmicos, na exactitude das súas imaxes, nese aire de conto de fadas triste e desesperado. En “Domingo familiar” tráe de volta ás nosas consideracións acerca da cámara e os personaxes. Esta curta de dezaoito minutos consta unicamente de dúas tomas: un plano detalle da roda dunha moto en movemento e un plano secuencia filmado no exterior dun bloque de vivendas ás aforas de Cidade de México: dous individuos chegan en moto para cobrar a cota semanal que esixen aos comerciantes da zona e uns veciños organízanse para darlle a volta á situación.

En “Furia” a cámara está sempre con Eric, un mozo que vive nun centro de menores e que só pensa en regresar coa súa nai. “Bad for a moment” tamén leva en si a semente dun cambio, aínda que é máis precisa no seu percorrido e prefire moverse comodamente nas augas da sátira. Estamos no terreo do capitalismo desbocado e dos arquitectos sofisticados.

Contenido patrocinado

stats