A Guarda estrea ‘Praesagium’, un film “feito na vila”

A película, de cine amateur, está interpretada por xoves e adultos de A Guarda, Vigo, Ponteareas, Ourense e Santiago

Unha imaxe da película “Praesagium”, de BoscoVision.
Unha imaxe da película “Praesagium”, de BoscoVision.

BoscoVision ProduCinema, unha productora de cine amateur e independiente, estrea en A Guarda su película nº 201, rodada en Galicia (Vigo, A Guarda, A Merca, Ourense e Santiago) que se titula: “Praesagium”, dentro da celebración dos 30 anos de BoscoVision ProduCinema (1993 -2023), un cine de xóvenes para xóvenes e que ten por lema “A vida vista con arte”. Será este sábado 19, as 20 horas, no centro cultural de A Guarda, con entrada gratuita e a asistencia do equipo artístico e técnico do film.

“Praesagium”, película de cine amateur, interpretada por xoves e adultos de A Guarda, Vigo, Ponteareas, Ourense e Santiago, trata dunha moza que ten unha premonición, un soño que se repite no que lembra unha moza que se parece a ela, pero que pertence ao século XVI. Baseado nun feito real dun pobo mariñeiro de Galicia, onde atopouse un crucifixo no ano 1580, con licencia cinematográfica, a moza actual vese reflectida na que descubriu o madeiro entre as rochas da praia. Reparto artístico que participa nesta película: Zaida González, Patri Rico e Hugo Pino (de Ponteareas); Roi López e Jorge Asenjo (de Ourense); Anxo Aldea, Xiana Aldea, Juanjo Aldea e Sofía González (de A Guarda); Charo Baleirón (de Santiago de Compostela); Marimar Franco, Manuel Losada, Antonio Losada e Antonio Pires (de Vigo). E coa voz en off do narrador de Juan Lago (periodista radiofónico) e dirixidos polo director de cine vigués Angel Fernández Prado.

Como anécdota do rodaxe, esta película rodouse cada escena tanto en castelan coma en galego á mesma vez. Nesta ocasión estréase en A Guarda a versión galega. “É de agradecer a colaboración do párroco Juanjo González que nos deu facilidades para rodar dentro dos templos, así como a elaboración do madeiro que sae na película”, sinalan.

Contenido patrocinado

stats