O Val Miñor, pioneiro na detección temperá
A súa xestión, tras unha adxudicación nun concurso público aberto, é da Asociación “La Esperanza del Valle Miñor”
O Concello de Nigrán e FAVALMI, Federación das ANPAS do Val Miñor, convidaron a unha charla aberta o sábado 10 de xaneiro ás 17,00 horas no Auditorio de Nigrán, sobre a importancia da Atención Temperá, a detección temperá e o acompañamento ao desenvolvemento infantil. Este encontro coa cidadanía está dirixido a familias, profesorado e representantes institucionais, no que coñeceremos de primeira man como funciona o Servizo de Atención Temperá en Nigrán e resolveremos dúbidas sobre acceso, intervencións e apoio ás familias. A charla será impartida por Inés Marcote Carneiro, psicóloga e coordinadora do SAT Nigrán.
O Concello de Nigrán adxudicou en 2024 por tres anos o Servizo de Atención Temperá (SAT) no municipio, no que inverte 312.000 euros. A súa xestión, tras unha adxudicación nun concurso público aberto, corresponde á Asociación “La Esperanza del Valle Miñor”, responsable do Centro de Educación Especial Juan María.
O SAT Nigrán está ubicado dende seus inicios na antiga Escola de Nenas do Ceán e o servizo forma parte da Rede Galega de Atención Temperá, contando cunha psicóloga, unha logopeda e un fisioterapeuta. Nun 31% dos casos, os nenos acuden a máis dunha especialidade, é decir, reciben servizos compartidos de logopedia, terapeuta ocupacional e/ou psicoloxía. O SAT está dirixido a nenos de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo. En este sentido, dende o servizo destacan a importancia da detección precoz na primeira infancia. O Servizo leva atendido a máis de 160 familias e actualmente son 47 familias que xa non teñen que desplazarse cos seus fillos ata Vigo e que, dende que o solicitan, son avaliados e atendidos en menos de 30 días porque non hai lista de espera.
Os usuarios son derivados a través dos centros de saúde
Todos os usuarios son derivados a través dos centros de saúde de Nigrán, dos centros educativos ou ben dos propios Servizos Sociais do Concello; tamén pódese acudir ao SAT para a petición de diagnóstico, sendo fundamental para a detección precoz dos trastornos ou risco de padecelos. Dende a federación de Anpas do Val Miñor declaran que a Atención Temperá é clave para o presente e o futuro dos nosos nenos e nenas, e porque a comunidade educativa do Val Miñor debe camiñar unida.
Para facilitar a participación haberá Servizo de Ludoteca, con reserva previa, en horario de 16:30 a 19:30 h, situada no local anexo ao Concello de Nigrán (Rúa Curros Enríquez nº 2), moi preto do auditorio onde se celebra a charla. A reserva da ludoteca deberá facerse previamente a través da web: favalmimail:avalmi@gmail.com ou WhatsApp: 665012419.
“Somos pioneiros no Val Miñor en contar co noso propio SAT e estamos moi orgullosos de telo; o noso obxectivo é mantelo permanentemente como un píar da nosa política ‘Un Nigrán para todos’”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que “era unha demanda de moitas familias, educadores e sanitarios e unha prioridade para o goberno de Nigrán, así que a satisfacción é máxima ao contrastar a gran acollida que ten, sendo o único SAT do Val Miñor, segundo declarou Juan González, alcalde de Nigrán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar