Peregrinos de todo o mundo cruzan pola Ramallosa

Polonia e Alemania, as nacionalidades máis habituais no punto de sellado na ponte románica de Nigrán

Publicado: 02 sep 2025 - 08:28 Actualizado: 02 sep 2025 - 09:03
Peregrinos, cruzando a ponte románica da Ramallosa.
Peregrinos, cruzando a ponte románica da Ramallosa.

Dende o 3 de xullo que abriu a Oficina de Turismo de A Ramallosa 2.257 camiñantes sellaron as súas credenciales e buscaron información sobre o propio Camiño ou sobre o municipio de Nigrán. As nacionalidades máis numerosas foron de Polonia con 141, Alemania 134 Italia 108 Portugal 98 EE.UU 94 Rep. Checa ou 47 Reino Unido 31 ou México con 30 visitantes. Viaxeiros de 55 países se achegaron ata a Oficina de Turismo de países tan dispares como Taiwan, Australia, Letonia, Corea del Sur, Puerto Rico, Colombia, Hong Kong, Taiwán, Malasia e Indonesia que solicitan sobre todo información sobre o Camiño do litoral ata Vigo e dos albergues máis próximos. Entre os visitantes españoles, os que máis abundan son madrileños, ourensanos, Pais Vasco, Barcelona, Valencia e Valladolid que preguntan por eventos e rutas de senderismo. "Dende que sae o sol a primeira hora da mañán os peregrinos cruzan a ponte románica de A Ramallosa para continuar o camiñar ata Compostela tanto polo recorrido tradicional no interior de Nigrán ou pola variante rodeando a costa de Nigrán, a apertura da Oficina de Turismo na entrada do municipio da un servizo importante aos visitantes e unha boa imaxe dun municipio acolledor e amable. Asemade trátase dun turismo desestacionalizado xa que os camiñantes continuarán recorrendo Nigrán ata finais de ano sinala Juan González, alcalde de Nigrán. "O Camiño pola Costa atrae a centos de peregrinos de todo o mundo e supón un revulsivo importante tanto para a economía como a imaxe de Nigrán", indica o alcalde. Dúas persoas atenden durante o verán e todo mes de setembro as oficinas de A Ramallosa e de Gaifar e son co financiadas pola Deputación a través de Turismo Rías Baixas.

Xa van 60.000 polo Camiño da Costa

Ata este 1 de setembro xa eran 60.000 os peregrinos que pasaron polo Camino da Costa desde xaneiro, o que supón un 18 por cento máis que no mesmo mes do ano pasado. O 78 por cento dos camiñantes eran extranxeiros, con dous países á cabeza, Estados Unidos e Alemania: entre os dous sumaron case que 13.000 usuarios, os mesmos que españois. Despois van Italia e Portugal. O Camiño Portugués do interior leva algúns máis, 70.000 peregrinos, e o Camiño Francés, o principal, chegou ata 170.000. A perspectiva do Camiño do litoral pasa por chegar a 90.000 este ano e superar os 100.000 no 2026: aínda é, e con diferenza, a ruta que máis medra de todas as que van cara Compostela

Contenido patrocinado

stats