Nigrán lembra a Fernández del Riego nos 75 anos de Galaxia

A palestra correrá a cargo do escritor e editor Antón Mascato nos Cines Municipais do Centro Comercial A Ramallosa ás 19,30

O escritor e editor Antón Mascato.
O escritor e editor Antón Mascato.

O Concello de Nigrán adica este 21 de novembro a Francisco Fernández del Riego dentro das súas xornadas de conmemoriación dos 75 anos da Editorial Galaxia que teñen lugar todos os venres de novembro. Nesta ocasión, dita palestra correrá a cargo do escritor e editor Antón Mascato presentado por Carlos Méixome, historiador que coordina as xornadas. Como todas estas citas, será nos cines municipais do Centro Comercial A Ramallosa ás 19:30 horas. O venres 28 finaliza esta programación especial do -Concello coa figura de Carlos Casares retratada polo actual director de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo (tanto Casares como Del Riego estiveron afincados no municipio e son os protagonistas dunha mostra ao respecto no exterior destas instalacións).

Antón Mascato estudou Filoloxía Galego-Portuguesa para adicarse posteriormente ao mundo editorial, desenvolvendo neste sentido diversas labores de dirección de producción en numerosas publicacións e sendo membro do Consello de Redacción das principais revistas culturais de Galicia. Ademáis, é presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove e é autor de diferentes libros, correspondendo tres deles ao análise da figura de Francisco del Riego.

Galaxia foi fundada en 1955 nos Salóns do Hotel Compostela de Santiago por un grupo de galeguistas que conformaban o chamado “exilio interior” (Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, irmáns Álvarez Blázquez, Álvaro Gil, Antonio Fernández, irmáns Isla Couto e Manuel Gómez Román) que se organizaron para manter acesa a luz da cultura galega no franquismo. Actualmente, é a mais destacada empresa cultural de cantas iniciativas privadas actúan no noso país, revestindo os seus beneficios nas diferentes liñas de actuación que emprendeu historicamente e que mantén na actualidade ou foi desenvolvendo ao longo dos seus tres cuartos de século andado: obras de lingua e literatura, ensaio, historia, xeografía, infantís, sociedade, economía, música, Revista de Economía de Galicia ou a revista Grial, e mesmo dando soporte a Fundacións nas que forma parte.

Contenido patrocinado

stats