Animais mariños de refugallos en Nigrán nunha curiosa mostra
val miñor
O colectivo artístico 'Retoque Retro' amosa unha vintena de esculturas realizadas con lixo mariño
Un banco de peixes de refugallo enche o Auditorio Municipal de Nigrán ata o 28 de febreiro. O 'milagre' é obra de Retoque Retro, trío artístico autor do cachalote 'Balmi' instalado polo Concello de Nigrán en Praia América no ano 2020 co ánimo de concienciar sobre o problema do lixo mariño. A mostra foi inaugurada onte pola mañá e permanecera aberta todas as mañás de luns a venres e nas fins de semanas que haxa programación cultural no recinto municipal.
"Ir ás crebas", o nome da curiosa exposición, é unha tradición ancestral galega onde se apañaban e reaproveitaban tódo-los recursos que traía de volta o mar, como restos de naufraxios. Hoxe en día o que naufraga na costa é lixo, sobre todo plásticos.
Con isto, o trío de artistas composto por Isabel García, Javier Serantes e Ana Lee, consiguen dar vida a unha vintena de esculturas mariñas agora expostas no Auditorio, concretamente: centola do Grove, bonito de Burela, percebes do Roncudo, merluza do pincho, peixe sapo, manta raia, faneca brava, choupa, ollomol, sargo, maragota, san martiño, salmón atlántico, cabaliño de mar, golfiño, peixe demo, tartaruga boba, pingüín Filomeno, pulpiño e corvo mariño cristado.
"A mensaxe que queremos trasmitir á sociedade é que de seguir a este ritmo de usar e tirar, para o ano 2025 haberá máis lixo que peixes no mar", concordan desde Retoque Retro e Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último