Balonmano
Un histórico que salvaguarda el futuro
Hai case 30 anos que a Asociación Veciñal do Gandón constituise -foi en 1996- buscando mellorar a vida dos veciños deste lugar dentro da parroquia canguesa de Aldán. Pero foi a partires do 2019, cando Vanesa Novás Caballero asumiu a presidencia, cando as actividades se dispararon grazas a adquisición dun garaxe convertido, posteriormente, na sede da sociedade. Hoxe, organizan numerosas actividades de todo tipo para a veciñanza. A penúltima delas é a clase de zumba que se vai celebrar este venres no pavillón polideportivo do Colexio de educación Infantil e Primaria Espiñeira dende as 20:00 horas dentro do programa +Deporte Atlántico e da man da Deputación de Pontevedra. Un paso máis no camiño de Vanesa para mellorar de xeito totalmente altruista a vida da súa comunidade.
Xa son case 30 anos de vida para a Asociación Veciñal do Gandón. Iso son moitas actividades ó cabo do tempo.
A verdade é que si. Constituímonos como asociación en 1996. O que pasa é que, ó non ter un lugar social, era moi difícil organizar demasiadas cousas. Facíanse Magostos, outras festas e algunha que outra actividade máis puntual. Agora somos moito máis continuos.
Cando chegou vostede á presidencia?
Foi no 2019. Dende o primeiro momento tiñamos claro que precisábamos dun sitio para acoller ós veciños e dispór dun espazo para comezar a organizar actividades e mobilizar á xente con elas.
“Estase a apuntar moita xente para a clase de zumba, tamén dos grupos de Menduiña e Francón”
Como foi o proceso de conquerir esa nova casa para tódolos veciños de Gandón?
Pois foi nun garaxe. Rehabilitámolo, engadímoslle un baño, mesas, cadeiras e logo tamén algún ordenador. A Xunta daba unhas subvencións para locais e foi o xeito que tivemos de amplialo e mantelo neste tempo. Foi a chave de comezar a facer máis actividades e cursos.
E de chegar a máis veciños.
Si! Pensa que na asociación somos 100 casas e Gandón ten unhas 120. Damos un servicio a case todas as persoas do lugar.
Entendo que a súa laboura é moi importante para mellorar a vida da veciñanza.
Esta zona é moi rural e case toda a poboación está formada por persoas maiores. Moitas delas non teñen nin carné de conducir para ir ó centro de Aldán. Así que é moi importante para o seu ocio diario. De feito, agora estamos en obras e cando me atopan, reclaman que a ver cando podemos comezar cos cursos, que xa vai sendo hora.
“Moitas persoas maiores non teñen nin carné de conducir; somos importantes para o seu ocio”
Que tipo de actividades realizan na asociación?
Varios cursos. Temos un de memoria que funciona moi ben cos nosos maiores. Tamén facemos obradoiros de informática e unha ludoteca para os máis cativos. Aparte, desenvolvemos actividades físicas. Por exemplo, cada 31 de decembro facemos a Gandón Silvestre, que combina unha carreira cunha andaina. A primera vez foi no 2022 e viñeron 100 persoas. O ano pasado xa contamos con 350. Cada inscrito tiña que aportar un litro de leite e donamos todos ó comedor social de Cangas.
Polo que se ve, teñen un alto poder de convocatoria.
Tamén é porque damos unha chocolatada (ri). Pero si, sempre estamos tratando de engadir novidades e pasalo ben nas celebracións, coma no Día das Letras Galegas. Hai tamén un obradoiro para confeccionar acentros de Nadal. Facemos cousiñas.
Outra destas actividades físicas será a clase de zumba que impulsan conxuntamente con este xornal.
Si! Estase a apuntar moita xente. Aproveitamos que a esa hora (20:00) temos normalmente a ximnasia de mantemento para sustituilo por esta clase. Coido que a participación vai ser moi boa porque o organizamos conxuntamente con outras asociacións veciñais como a de Menduiña ou a de Francón.
Daquela están con ganas.
Algún dicíame que non se podía mover, pero estou a animalos porque o importante é ir pasalo ben e menear un pouco o corpo cos amigos e veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar