Atletismo | Milla Cidade de Vigo
Velocidad bajo el sol de Navia
+ deporte
¡Que boas están as rosquillas! Xa sexan de viño, de masa ou de masa foliada. Fresquiñas. Tamén as que van entre os eixos das bicicletas, que rodaron a toda velocidade o pasado domingo na primeira proba da Copa Galicia: o Enduro das Rosquillas.
Foi a segunda edición da competición, organizada pola ADC Picaraña, que elevou notablemente a participación acadada o ano pasado. 256 deportistas acudiron ó circuito ponteareano, no que Marco Veiga erixiuse como gañador e primeiro líder da Copa, que terá seis probas máis nos vindeiros meses. Conqueriuno tras superar a Mauro González, do Salvaterra, e a Pablo Míguez (Bici Verde).
A local Isabel Castro foi profeta na súa terra e gañou a competición feminina.
No resto das categorías destaca o triunfo do corredor do Avanza do Porriño David Fernández na proba júnior, por diante de Raúl Miranda, do Coruxo, e de Zoe del Río (XSM). Entre os sub-23, o gañador foi Joel Antón Costas, que batiu a Mario Fernández e Cristian Novo.
Ademais, David Pazos gañou a competición de E-bikes (bicis asistidas con electricidade).n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Atletismo | Milla Cidade de Vigo
Velocidad bajo el sol de Navia
atletismo
El sol se apunta a la Milla
Lo último