Defensa personal
Conocimientos que ojalá nunca se usen
O termo trasno ten como primeira acepción no Dicionario da Academia Galega “ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave”. Por suposto, soamente figura no imaxinario colectivo e esta descrición permite outorgar ó termo unha segunda entrada, polo seu sentido figurado: “pequeno que fai trasnadas”. No caso vigués, o nome está axustado perfectamente ó Trasnos e as súas categorías inferiores porque onte viviron unha particular xornada de ‘trasnadas’. Neste caso están feitas con bolas, bates de béisbol, manoplas e, por suposto, cunha camisola de +Deporte Atlántico, que para algo a xornada estaba dentro do programa. Así, un grupo de corenta cativos reuníronse baixo o mando de Fernando Rodríguez no Marcote. Houbo unha primeira fotografía inicial e, a partir de aí, os exercicios nos que os maiores amosaron unha notable calidade técnica en todos os movementos mentres que os pequerrechos andaban polo campo, pero moitos deles xa amosaban tino nos diversos exercicios. Son esas habilidades que collen con tanta facilidade en idades baixas e que, despois, cos anos, parece que custa tanto en adquirir.
Os pais estaban nas bancadas observando a sesión. Unha bola voando por aquí ata distancias que parecen siderais para mozos de catorce anos. Outras son recollidas con extraordinaria precisión e o son da esfera coa luva de coiro atravesa o campo do Marcote. Son importantes os cascos e as gorras para evitar os cegamentos e, nun curruncho, os pequenos practican “bateo”. A maioría deles admiten que “é o que máis me gusta”, como a pequena do grupo, que non chega ó metro de altura pero xa atina coa ferramenta na man Así pasou a xornada +Deporte Atlántico, entre trasnadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último